Lingua babilonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua babilónica»)

O babilonio é a denominación pola que se designa un dialecto do acadio, falado en Babilonia a partir do principio do II milenio a.n.e., e que foi durante moito tempo a lingua literaria e diplomática par excelencia do Oriente Próximo.

Historia da lingua[editar | editar a fonte]

A historia da lingua babilonia divídese en catro grandes períodos:

  • Paleobabilonio, falado na primeira metade do II milenio a. n. e.
  • Babilonio medio, na segunda metade do II milenio a. n. e.
  • Neobabilonio, na primeira metade do I milenio a. n. e.
  • Babilonio tardío, na segunda metade do I milenio a. n. e.

Paleobabilonio[editar | editar a fonte]

O paleobabilonio é o dialecto acadio falado entre o séculos -XX e o -XVI a. n. e. (período chamado paleobabilonio, ou amorrita). O texto de base para o estudo desta lingua é o Código de Hammurabi. Este estado de lingua comporta moitas variantes rexionais: en Babilonia, Larsa, Eshnunna, Susa, Terqa ou mesmo Mari nos casos mellor coñecidos. Este estado da lingua acadia mantén aínda encore o -m final para os nomes e os adxectivos (mimación), así como os verbos con w- inicial. Nesta época, o acadio convértese na lingua diplomática, así como unha lingua literaria (véxase máis abaixo).

Babilonio Medio[editar | editar a fonte]

O babilonio medio é a lingua escrita nos textos da Babilonia casita (-1595-1155), e das dinastías de finais do II milenio no sur de Mesopotamia. Baixo o nome de «Babilonio estándar», é tamén a lingua literaria e diplomática deste período (véxase máis abaixo). Desde o punto de vista lingüístico, este período ve a caída da mimación, e a do w- inicial nos verbos que a levaban no período precedente: así wabālum («levar») convértese en abālu.

Neobabilonio[editar | editar a fonte]

O neobabilonio escríbese en Babilonia na primeira metade do I milenio a. n. e. En relación cos períodos precedentes, o neobabilonio ten varias particularidades lingüísticas (sen falar das evolucións que tiveron lugar no curso do moi longo período que ocupa). Desde o punto de vista fonético: o -w- nótase habitualmente -m- cando se atopa en interior dunha palabra; -št- convértese en -lt-; -mt- vólvese -nd-. Desde o punto de vista gramatical, os casos dos nomes e dos adxectivos son menos marcados. Dunha maneira xeral, o babilonio está nesta época moi influenciado polo arameo, qui se converte daquela na lingua principal do Oriente Próximo.

Babilonio tardío[editar | editar a fonte]

É o derradeiro estado da lingua acadia testemuñado, nunha época na que esta lingua xa nos se falaba, substituída polo arameo. A caída do Imperio neobabilonio en -539 marca o fin da dominación dun reino de cultura acadia en Mesopotamia. Dominada desde agora por dinastías estranxeiras (persas, gregos, partos), mentres que a súa poboación se volvedevient aramófona, a Mesopotamia ve como se derruba a súa cultura ancestral, e cada vez menos textos son escritos en acadio. Os derradeiros documentos desta lingua son textos literarios ou científicos, e por iso precisamente a súa lingua é máis ben babilonio estándar. Os derradeiros documentos cuneiformes coñecidos datan do inicio da nosa era. Entón morre acadia, e a lingua que mantivera con vida desaparece daquela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Linguas semíticas
Ugarítico † | Fenicio † | Púnico † | Hebreo | Amonita † |
Moabita † | Edomita † | Arameo | Acadio † | Babilonio † | Asirio † | Árabe | Sudarábiga | Etiópico