Lingua asamesa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Assamés (অসমীয়া / Ôxômiya) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | India | |
| Rexións: | Assam, Arunachal Pradesh | |
| Total de falantes: | 16.818.750 [1] | |
| Familia: | Indoeuropeo Indo-iranio |
|
| Escrita: | Alfabeto asamés | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Assam | |
| Regulado por: | Sen regulador oficial | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | as | |
| ISO 639-2: | asm | |
| ISO 639-3: | asm | |
| SIL: | ASM | |
O asamés é a lingua oficial do estado de Assam, no noreste da India. Tamén se fala en partes de Arunachal Pradesh e outros estados do noreste da India; ademais de nos países de Bután e Bangladesh. É falado por máis de 20 millóns de persoas. A día de hoxe, é a lingua indoeuropea máis oriental.
O nome de idioma asamés deriva de Assam, nome dunha parte do val do río Brahmaputra. En asamés, o estado chámase Ôxôm (pronunciado /ojóm/) e o idioma ôxômiya (/ojomíia/).
Escritura [editar]
Empregan o alfabeto asamés,[2] unha variante próxima á escritura Nagari Oriental (bengalí), que provén da escritura gupta.[3]
Notas [editar]
- ↑ O asamés no Ethnologue
- ↑ Escrita Assamesa
- ↑ Bara, Mahendra: The Evolution of the Assamese Script. Jorhat (India): Axom Xahitya Xobha, 1981.