Lingua ambakich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ambakich
Outros nomes:Aion
Falado en: Papúa Nova Guinea
Rexións: Sepik do Leste
Total de falantes: 770 (2003)
Familia:
 Ramu
  Ramu baixo
   Keram
    Ambakich
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: aew
Mapa
Status

O ambakich ou aion é a lingua papúa que fala en Papúa Nova Guinea o pobo aion.

Falantes[editar | editar a fonte]

770 dun grupo étnico de 1.964 persoas (2003)

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Os aion viven en 7 aldeas do distrito de Angoram, no norte da provincia Sepik do Leste.
A aldea de Yaut localízase na ribeira do río Keram, mentres as outras seis (Aguran, Oremai, Ombos, Akaian, Arango e Pangin) na ribeira do río Porapora.

Arango e Pangin falan o coñecido como dialecto do norte, as outras aldeas falan o dialecto do sur.[1]

Usos sociais[editar | editar a fonte]

Os aion maiores de vinte anos son bilingües co tok pisin, mentres a maioría dos nenos só teñen coñecementos pasivos de ambakich.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Margaret Potter et al. The Sociolinguistic Situation of the Ambakich Language, SIL, 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]