Lingua akurio
| Akurio | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Surinam | |
| Rexións: | Tapanahony | |
| Total de falantes: | 10 | |
| Familia: | Linguas caribes Akurio |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
| ISO 639-3: | ako | |
O akurio é unha lingua caribe que se fala en Suriname.
ISO/DIS 639-3: ako
Índice |
Distribución xeográfica [editar]
Fálase na xungla do sueste de Surinam, o primeiro contacto entre este grupo e os brancos realizouse en 1937 [1]cando unha expedición holandesa exploraba a fronteira entre Surinam e o Brasil e entrou no seu territorio tradicional na zona do río Tapain, afluente do Paloemeu[2]. Actualmente os akurio viven nas aldeas trió de Tëpu, Kwamalasamutu e Palumeu ás beiras dos ríos Tapanahoni e Sipaliwini.[3]
Falantes [editar]
10 (grupo étnico de 50)(2001)[4]
Usos sociais [editar]
Os akurios viven en aldeas trió e só os maiores falan a lingua, os nenos falan trió.[5] A maior concentración está na aldea de Tëpu, con 33 sobre unha poboación de 240.
Historia [editar]
Os akurios eran un pobo nómade ata que en 1968 misioneiros cristiáns contactaron con eles e os levaron a asentamentos habitados polo pobo trió, agás un grupo de 10 akurios que decidiron permanecer nómades. Os akurios deixaron de lle falaren a lingua aos nenos no decurso dos anos 70, ao tempo que se reducía a poboación ao 25%. Actualmente non hai información sobre o grupo que se mantivo nómade.
Notas [editar]
- ↑ Alexander Laban Hinton Genocide: An Anthropological Reader. Blackwell Publishing, 2002, páxina 153
- ↑ Protásio Frikel, Os Tiriyó, Boletim do Museu Paraense Emílio Goeldi, Serie Antropologia 9
- ↑ Christopher Moseley Encyclopedia of the World's Endangered Languages. Routledge, 2007, páxina 105
- ↑ Ethnologue
- ↑ Carlin, Eithne B. e Jacques Arends, Atlas of the Languages of Suriname. KITLV Press, 2002, páxina 43.