Lingua aché

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O aché é unha lingua da familia tupi-guaraní, do grupo guaraní falada en Paraguai.
ISO/DIS 639-3: guq

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Os aché vivían ata mediados do século XX na rexión oriental de Paraguai, hoxe quedan só 7 comunidades aché: Chupa Pou, Arroyo Bandera, Kuêtuvy, KuêTuwyVe, Cerro Moroti, Puerto Barra e Ypetimi

Falantes[editar | editar a fonte]

960 (2000)

Escrita[editar | editar a fonte]

En 1978 traducíronse fragmentos da Biblia ao aché

Historia[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente o aché era un pobo nómade, que vivía da caza e da recolleita do mel, froitos e raíces bravas, libráronse dos contactos cos brancos ata o século XX, para evitar a persecución dos paraguaios que mesmo chegaron a cazalos como animais refuxiáronse nas selvas tropicais do oriente de Paraguai. En 1910 quedaban entre 800 e 1000, poucos anos despois quedaron reducidos a 500 por unha epidemia, en 1941 recuperáranse ata os 600. A vila de San Juan de Nepomuceno era o centro principal do mercado escravista de nenos aché, vendidos ás familias que non podían ter fillos. O primeiro asentamento establécese en 1959, arredor de 30 aché establécese na Colonia Nacional Guayaki, nas beiras do regato Morotï, preto da aldea de Abai, máis tarde transferida a Cerro Morotï. Entre 1970 e 1978 as cinco comunidades nómades que quedaban sedentarízanse. Os aché comezan a se recuperar lentamente, pasan de 650 en 1981 a 883 en 1995


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ethnologue