Lingua abenaqui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O abenaqui (alnôbak ou aln8bak, en abenaqui) é unha lingua algonquina oriental falada en Canadá e Estados Unidos.

Falantes[editar | editar a fonte]

  • Abenaqui occidental, en 1999 quedaban 5 falantes de avanzada idade.
  • Abenaqui oriental, en 1993 morreu a última falante, Madeline Shay, penobscot, malia iso entre 20 e 25 penobscot aprenderon a lingua para transmitirlla ás novas xeracións

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Reservas abenaqui no Quebec

En Quebec, en 2003 había rexistrados 1.985 abenaquis, dos que 472 vivían no territorio tribal abenaqui, 308 en Odonak-St. Francis e 64 en Wolinak-Bécancour
En Estados Unidos en Vermont hai 1.700 preto do lago Champlain (Bitawbagok) e 1.000 en Nova Hampshire, en 1976 estableceuse un Concello Tribal Abenaqui en Swanton, Vermont, pero carece de recoñecemento federal. Os 2000 Penobscot, si teñen recoñecemento federal, e 500 viven na reserva de Indian Island (Old Town), Maine.

Dialectos[editar | editar a fonte]

Área lingüística do Penobscot antes da conquista de América

Algúns lingüistas afirman que as diferenzas entre os dialectos son o suficientemente importante como para constituíren linguas separadas, pero os abenaquis sempre se viron como unha soa nación que comparte unha lingua común, a pesar da distancia xeográfica e dialectal.

Escrita[editar | editar a fonte]

A maioría dos textos abenaquis son tipo relixioso, sermóns, oracións, himnos... escritos por misioneiros e empregados na liturxia da Igrexa Católica entre o século XVIII e 1912, cada autor empregaba a súa propia escrita, non houbo tentativas de crear unha lingua estándar, o resto das publicacións está constituído por dicionarios e material didáctico. Non existe apenas literatura secular.
Pial Pol Wzôkihlain, Joseph Laurent e Henry Lorne Masta, os tres de Odanak, son os tres autores abenaquis máis importantes. O Padre Maurault, John Dyneley Prince, John Harrington, Frank Speck, Edwar Sapir, Truman Michleson e Irving Hallowell son algúns autores non abenaquis que se interesaron pola lingua, destacan sobre todo François Eustache Lesueur, misioneiro en St. Francis, escribiu oracións e sermóns en abenaqui entre 1716 e 1753, publicados en 1864, Sébastien Râle, compilou un dicionario arredor 1721, publicado en 1833. En 1884 Joseph Laurent publicou New Familiar Abenakis and English Dialogues, tradución de fragmentos da liturxia da Igrexa Católica e algúns documentos legais.
Máis recentemente Frank T. Siebert, compilou un dicionario penobscot, inédito, e Gordon Day e Jeanne Brink Alnobaodwa publicaron unha guía didáctica do abenaqui occidental, The Western Abenaki Language Guide, en 1991 e en 1994 A Western Abenaki Dictionary
En 1995 Stephen Laurent editou o primeiro dicionario abenaqui, compilado orixinalmente en 1715, Father Aubery’s French Abenaki Dictionary.
O abenaqui só se ensina, na variedade penobscot, na escola da reserva de Indian Island dende, hora e media semanal ata oitavo grao (dende 1983).

Historia[editar | editar a fonte]

Área lingüística dos abenaquis occidentais

O territorio tradicional dos abenaquis abranguía os actuais estados norteamericanos de Maine, Nova Hampshire e Vermont, os abenaquis chamábanno, Ndakinna (A nosa Terra), os abenaquis orientais vivían en Maine ao leste das White Mountains e os occidentais ó oeste das montañas que cruzan Vermont e Nova Hampshire, o seu número era aproximadamente de 30.000, 20.000 orientais e 10.000 occidentais . Á chegada dos europeos (1604), os abenaquis víronse involucrados na guerra entre os franceses e os ingleses polo control do territorio onde vivían, tomando partido polos franceses. Ademais sufrían xa dende o século XVI das epidemias andazos traídas polos europeos, reducíndose o seu número ata 5.000 abanaquis occidentais e outros 5.000 orientais arredor do 1617, a tendencia seguíu ata 1676 no que absorben os refuxiados do sur de Nova Inglaterra desprazados polo asentamento de colonos, a guerra do rei Filipe (1675-1676) supuxo o establecemento de boa parte dos abenaquis occidentais en terras do actual Canadá, onde estaban protexidos polos franceses, en 1683 establécese a misión católica de St. Francis, onde o abenaqui era a lingua empregada en todos os niveis. Por volta de 1700 emprázase na súa actual situación, e en 1724 a maioría dos abenaquis occidentais que quedaban nos Estados Unidos establécense nela. En 1759 un ataque británico destruíuna e tivo que ser reconstruída, arredor de 1775 estímanse en 1000 os abenaquis occidentais. En 1805 as reservas canadenses dos abenaquis aumentan o seu territorio para facer fronte ó medre da poboación. Segundo un informe de 1911 había 300 abenaquis na misión de St. Francis con costumes franceses, pero aínda que mantiñan a lingua no fogar, esta non se transmitía aos nenos máis pequenos, e en 1974 só quedaban 20 falantes de avantada idade.
En 1798 o estado de Massachusett (ao que entón pertencía Maine) establece a reserva Penobscot, aínda que o recoñecemento federal non chegou ata 1980, o resto dos abenaquis de Estados Unidos loitan polo seu recoñecemento oficial, pero a pesar de numerosas peticións non o conseguiron.

Ligazóns[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lingua abenaqui