Lingua Franca Nova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua Franca Nova
Creado por: C. George Boeree
Emprego e uso: Lingua auxiliar internacional
Total de falantes: as estimativas varía moito
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Lingua auxiliar internacional
  Lingua Franca Nova
Categoria (fontes): Linguas románicas
Estatuto oficial
Lingua oficial de: ningún país, mais é usado como lingua oficial por algunhas organizacións.
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2:
SIL: lfn

A Lingua Franca Nova (ou LFN) é unha lingua artificial creada polo doutor C. George Boeree da Universidade de Shippensburg, en Pensilvania. Baséase no francés, o italiano, o portugués, o español e o catalán. Ten unha ortografía fonética e escríbese mediante 21 letras do alfabeto latino, aínda que tamén pode escribirse con letras do alfabeto cirílico.

A súa gramática é a dun crioulo latino, moi simplificado, pero é tan expresiva como unha lingua natural.

Historia e comunidade[editar | editar a fonte]

C. George Boeree comezou a traballar nela en 1965. O seu obxectivo era crear unha lingua internacional que fose simple e similar aos idiomas crioulos. Tiña en mente a lingua franca, un pidgin utilizado na contorna Mediterránea desde o século XIV até ben entrado o XIX. Baseouse en 5 linguas neolatinas xa próximas entre se (o francés, o italiano, o portugués, o español e o catalán; este último por unha razón de neutralidade.) A LFN fixo a súa aparición en Internet en 1998. Un grupo Yahoo! iniciouse en 2002 por Bjorn Madsen. Stefan Fisahn creou tamén un wiki dedicado a esta lingua en 2005 (que figuran a continuación). Presentacións e outros textos están dispoñibles en 12 linguas. Atópanse tamén varios dicionarios, un tutorial e distintos textos (orixinais e traducións).

Unha das diferenzas máis importantes desta lingua é o papel que tiveron e teñen os falantes. A comunidade contribuíu significativamente á evolución da lingua. Stefan Fisahn creo en 2005 un wiki para a lingua que hoxe conta con máis de 1300 páxinas e 13.000 edicións. Existe unha revista mensual chamada Orizones Nova (Novos horizontes)de interese xeral, esta foi publicada por David McLeod en 2006 até finais de 2007.

Introducións á lingua e gramáticas hai dispoñibles en 12 idiomas, aínda que non todas son boas traducións, por iso os membros da súa comunidade aconsellan estudalo principalmente en Inglés ou Español. O dicionario máis completo (LFN - Inglés) foi confeccionado por Simon Davies, e ten preto de 10,000 entradas. Tamén é posible atopar pequenos dicionarios en diferentes linguas que son de boa calidade.