Lingüística xenerativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingüística xerativa")

A lingüística xenerativa é unha escola de pensamento da lingüística que fai uso do concepto de gramática xenerativa. O termo "gramática xenerativa" emprégase de diferentes formas por diferentes persoas, e consecuentemente o termo "lingüística xenerativa" pode ter unha variedade de significados diferentes que adoitan superpoñerse.

Definicións de lingüística xenerativa[editar | editar a fonte]

  • Formalmente, defínese unha gramática xenerativa como aquela que é plenamente explicitada. Ela é un conxunto finito de regras que poden ser aplicadas para xerar soamente aquelas sentenzas (frecuentemente, mais non necesariamente, infinitas en número) que son gramaticais nunha lingua ou dialecto, e en ningunha outra. Esa é a definición dada por Noam Chomsky, que popularizou o termo, e pola maioría dos dicionarios de lingüística. Cómpre citar que xerar é empregado aquí como un termo técnico cun significado ben definido: dicir que unha gramática "xera unha sentenza" é o mesmo que dicir que a gramática "atribúe unha descrición estrutural" á sentenza.[1]
  • Máis popularmente — aínda que aparentemente desagrade a algúns lingüistas profesionais, entre os cales atópase o propio Chomsky — o termo é empregado para nomear o xeito de abordar a lingüística feito por Chomsky e mailos seus seguidores. O traballo de Chomsky caracterízase polo uso da gramática transformacional — unha teoría que sufriu varias alteracións dende que foi inicialmente publicada por el no seu libro Estruturas Sintáticas, de 1957 — e pola assercción dun forte nativismo lingüístico (segundo o cal debe existir un conxunto de características fundamentais común a tódalas linguas humanas).
  • O termo "lingüística xenerativa" é frecuentemente aplicado á primeira versión da gramática transformacional de Chomsky, que facía unha distinción entre a Estrutura profunda[2] e a Estrutura superficial[3] das sentenzas.
  • Chomsky tamén lanzou un virulento ataque a outros xeitos de abordar a lingüística, en particular á visión condutista na forma como fora popularizada por B. F. Skinner nun libro tamén publicado en 1957, Verbal Behavior. Un último e máis vagar sentido de "lingüística xenerativa" pode entón ser resumido como "lingüística anti-Skinneriana", ou simplemente, anti-comportamentalista.

Evolución histórica[editar | editar a fonte]

A psicolingüística, que no inicio da década de 1960 estaba en franco desenvolvemento como parte do movemento xeral en dirección á psicoloxía cognitiva, atopou afinidades nesta énfase anti-behaviorista, e axiña absorbeu moitos dos conceptos chomskianos, de entre os cales atopábase a noción de gramática xenerativa. Non obstante, co maduramento tanto da psicoloxía cognitiva canto da psicolingüística, pasaron a ver cada vez menos utilidade á lingüística xenerativa — aínda que Chomsky teña repetidamente remarcado que nunca pretendeu especificar os procesos mentais polos cales unha persoa xera sentenzas ou as interpreta.

A lingüística cognitiva xurdiu nos últimos anos do século XX como un paradigma lingüístico alternativo á lingüística xenerativa. Ela procura unificar a comprensión da lingua coa comprensión de como estruturas neurais específicas funcionan bioloxicamente. A diferenza está máis na estratexia práctica de pescuda que na propia filosofía: en principio, evidencia neurolóxica sempre foi considerada relevante pola lingüística xenerativa, mais na práctica era considerada pouco conclusiva e aberta de máis a interpretacións para que puidese ter algún uso. Malia isto, algúns investigadores da lingüística xenerativa (p.ex. Alec Marantz) publican en neurolingüística.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chomsky, Noam (1965). Aspects of the Theory of Syntax.
  2. A estrutura profunda é a forma abstrata subxacente que determina o significado da frase.
  3. A estrutura superficial é unha representación do símbolo físico que producimos ou ouvimos.