Linfanxite epizoótica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A linfanxite epizoótica é unha linfanxite crónica e contaxiosa causada polo fungo dimórfico saprofita do solo Histoplasma farciminosum que afecta a mulas e cabalos. En España está clasificada como unha enfermidade de comunicación anual[1] e en consecuencia en Galicia é unha enfermidade de vixilancia[2]. Os seus síntomas son erupcións na pel, normalmente nas patas e ocasionalmente na cabeza ou no pescozo e máis raramente noutras partes do corpo. Os vasos linfáticos na pel destácanse prominentemente, e aparecen pequenas nodosidades de aproximadamente 1 cm. As nodosidades supuran formando abscesos que segregan un pus amarelo denso. O tecido granular medra a partir das feridas, os vasos linfáticos inflámanse e a erupción esténdese gradualmente. As glándulas veciñas están inchadas e endurecidas. As úlceras cicatrizan con dificultade, mesmo con tratamento, e poden saír de novo despois de aparentemente curar. É unha enfermidade endémica de zonas de África (especialmente do norte), Asia e Oriente Medio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE
  2. DOGA