Lillian Gish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lillian Gish (á esquerda da imaxe, con chapeu), xunto á súa irmá Dorothy.

Lillian Diana de Giche, nada en Springfield (Ohio) o 14 de outubro de 1893 e finada en Nova York o 27 de febreiro de 1993, foi unha actriz estadounidense.

Biografía[editar | editar a fonte]

Filla de Mary Robinson McConnell e James Leigh Gish, Lillian Diana de Giche comezou a traballar como modelo xunto á súa irmá menor, Dorothy, despois de que o pai, que sufría de alcoholismo, abandonase á familia deixándoa nunha precaria situación. En 1899, con apenas seis anos, Lillian empezou a actuar no teatro, e estaría sobre o escenario, sempre xunto á súa irmá, ata 1912. Foi nesa data cando a moza Lillian coñeceu a David Wark Griffith grazas á relación das irmás coa estrela Mary Pickford.

Griffith quedou impresionado polo talento das dúas irmás, especialmente polo de Lillian, máis agraciada fisicamente cá súa irmá ademais. An Unseen Enemy foi a primeira película de Lillian ás ordes do director, á que seguirían doce máis tan só nese ano. A fama definitiva, así a todo, chegou tres anos despois, con The Birth of a Nation.

Axiña Lillian foi catalogada como unha das grandes heroínas da pantalla, e en 1920 probou como directora en Remodeling Her Husband, na que a súa irmá Dorothy era protagonista. Comentábase por aquel entón a posibilidade dunha relación amorosa con Griffith, que en realidade xamais existiu. De feito, as relacións da actriz sempre se manterían nun respectuoso silenzo, á marxe do seu coñecido affaire co produtor Charles Duell, con quen estivo prometida, o actor Robert Harron e o editor George Jean Nathan. Lillian nunca casou.

Cando en 1926 asinou un contrato coa MGM, conseguiu ser unha das poucas actrices con poder sobre as cámaras e o director. Á chegada do sonoro, o seu convencemento de que esta nova técnica xamais triunfaría afastouna do cine e fíxoa volver ao teatro, aínda que axiña -trala morte de DW Griffith, a quen axudou economicamente nos seus últimos anos de vida, cando fora relegado do mundo do cine- reaparecería no celuloide. En 1946, o seu papel como Laura Belle McCanles en Duel in the Sun faríalle merecedora dun nomeamento ao Oscar como mellor actriz secundaria.

Non o conseguiu naquel momento, pero a súa total dedicación valeulle un Oscar honorífico en 1971, tres anos logo da morte da súa irmá Dorothy. Dezaseis anos despois, á idade de 93 anos, Lillian protagonizou a súa última película, As Baleas de Agosto xunto a Bette Davis.

Morreu en 1993, poucos meses antes de cumprir cen anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema mudo[editar | editar a fonte]

  • An Unseen Enemy (1912)
  • Two Daughters of Eve (1912)
  • In the Aisles of the Wild (1912)
  • The One She Loved (1912)
  • The Painted Lady (1912)
  • The Musketeers of Pig Alley (1912)
  • Gold and Glitter (1912)
  • My Baby (1912)
  • The Informer (1912)
  • The New York Hat (1912)
  • The Burglar’s Dilemma (1912)
  • A Cry for Help (1912)
  • Oil and Water (1913)
  • The Unwelcome Guest (1913)
  • A Misunderstood Boy (1913)
  • The Left-Handed Man (1913)
  • The Lady and the Mouse (1913)
  • A Timely Interception (1913)
  • The House of Darkness (1913)
  • Just Gold (1913)
  • The Mothering Heart (1913)
  • During the Round-Up (1913)
  • An Indian’s Loyalty (1913)
  • A Woman in the Ultimate (1913)
  • A Modest Hero (1913)
  • So Runs the Way (1913)
  • The Madonna of the Storm (1913)
  • The Blue or the Gray (1913)
  • The Conscience of Hassan Bey (1913)
  • Just Kids (1913)
  • The Stolen Bride (1913)
  • Judith of Bethulia (1914)
  • The Battle at Elderbush Gulch (1914)
  • The Green-Eyed Devil (1914)
  • The Hunchback (1914)
  • The Quicksands (1914)
  • The Battle of the Sexes (1914)
  • Silent Sandy (1914)
  • The Rebellion of Kitty Belle (1914)
  • Man’s Enemy (1914)
  • The Angel of Contention (1914)
  • The Tear That Burned (1914)
  • The Folly of Anne (1914)
  • Men and Women (1914)
  • The Sisters (1914)
  • Home Sweet Home (1914)
  • The Escape (1914)
  • Lord Chumley (1914)
  • The Birth of a Nation (1915)
  • His Lesson (1915)
  • The Lost House (1915)
  • Enoch Arden (1915)
  • Captain Macklin (1915)
  • The Lily and the Rose (1915)
  • Pathways of Life (1916)
  • Daphne and the Pirate (1916)
  • Sold for Marriage (1916)
  • An Innocent Magdalene (1916)
  • Intolerance (1916)
  • Diane of the Follies (1916)
  • The Children Pay (1916)
  • A House Built Upon Sand (1916)
  • Souls Triumphant (1917)
  • Hearts of the World (1918)
  • The Great Love (1918)
  • Liberty Bond (1918)
  • United States Fourth Liberty Loan Drive (1918)
  • Canadian Victory Loan Drive (1918)
  • The Greatest Thing in Life (1918)
  • A Romance of Happy Valley (1919)
  • Broken Blossoms (1919)
  • True Heart Susie (1919)
  • The Greatest Question (1919)
  • Way Down East (1920)
  • Orphans of the Storm (1921)
  • The White Sister (1923)
  • Romola (1924)
  • Ben-Hur: A Tale of the Christ (1925) (uncredited extra)
  • La Bohème (1926)
  • The Scarlet Letter (1926)
  • Annie Laurie (1927)
  • The Enemy (1927)
  • The Wind (1928)

Cinema sonoro[editar | editar a fonte]

  • One Romantic Night (aka The Swan) (1930)
  • His Double Life (1933)
  • Commandos Strike at Dawn (1942)
  • Top Man (aka Man of The Family) (1943)
  • Miss Susie Slagle's (1946)
  • Duel in the Sun (1946)
  • Portrait of Jennie (aka Tidal Wave) (1948)
  • The Trip to Bountiful (1953) (TV)
  • Film Fun (1955) (uncredited)
  • The Cobweb (1955)
  • The Night of the Hunter (1955)
  • Orders to Kill (1958)
  • The Unforgiven (1960)
  • Follow Me, Boys! (1966)
  • Warning Shot (1967)
  • The Comedians (1967)
  • Arsenic and Old Lace (1969) (TV)
  • Twin Detectives (1976) (TV)
  • Sparrow (1978) (TV)
  • A Wedding (1978)
  • Thin Ice (1981) (TV)
  • Hobson's Choice (1983) (TV)
  • Hambone and Hillie (1984)
  • Adventures of Huckleberry Finn (1985) (TV)
  • Sweet Liberty (1986)
  • The Whales of August (1987)

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Lillian Gish

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]