Liliuokalani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liliuokalani, Raíña das Illas Hawaii. Reinou do 20 de xaneiro de 1891 ao 17 de xaneiro de 1893

Liliuokalani, Raíña das Illas Hawaii (2 de setembro de 1838 - 11 de novembro de 1917), nomeada ao nacer Lydia Kamaka'eha, Lydia Kamaka'eha Paki e dona Lydia K. Dominis, foi a último monarca das Hawaii.

[editar] Infancia

Naceu en Honolulu o 2 de setembro de 1838. Seguindo a tradición hawaiana Liliuokalani foi adoptada por Abner Paki e a súa muller, Konia (unha filla adoptiva do rei Kamehameha I). Pasou a infancia entre os estudos e os xogos con Bernice Pauahi, filla natural da súa familia adoptiva. Neste período no que acudíu á Escola Real aprendeu un bo inglés.

[editar] Reinado

O 16 de setembro de 1862 casou con John Owen Dominis, que sería Gobernador de Oahu e Maui. A parella non tivo fillos, polo que o herdeiro de Liliuokalani foi, durante moitos anos, a súa sobriña Victoria Ka'iulani (*1875-+1899), que faleceu antes que ela.

Liliuokalani herdou o trono do seu irmán Kal'kaua o 17 de xaneiro de 1891. Ao pouco tempo de alcanzar o poder tentou abolir a constitución entón vixente para preparar unha nova que renovase o poder da monarquía. Sentíndose ameazados pola proposta real de abolición da constitución (e os dereitos que alí se contiñan), os numerosos norteamericanos e europeos residentes no Reino das Hawaii, conseguiron que a soberana abdicase de feito por atentar contra as garantías constitucionais.

A tales turbacións uníronse outras: o comercio sufríu fortes repercusións negativas, en especial cando os Estados Unidos bloquearon as tarifas da importación do azucre hawaiano, e cando se lanzou a idea de anexionar as Illas Hawaii por parte daqueles. Esta última monobra sinalou o inicio do fin da monarquía: o ministro americano John L. Stevens ordeonu ao "USS Boston" que se mantivese amarrado nas Hawaii para protexer os intereses comerciais americanos, sendo a raíña forzada a aceptar a abdicación, que tivo lugar o 17 de xaneiro de 1893, e que foi seguida pola instauración dun goberno provisional.

Á vista dos acontecementos internos e a crecente presión externa, o 16 de novembro o mesmo goberno provisorio propuxo a Liliuokalani que subise de novo ao trono a cambio dunha amnistía para os responsábeis da revolta, mais como resposta a exraíña declarou que habería condenar a morte a todos os responsábeis. O 18 de decembro Liliuokalani retirou tales afirmacións, de xeito que o presidente norteamericano Grover Cleveland, presentou unha relación do sucedido ao Congreso dos Estados Unidos na que pedía ao goberno provisorio das Hawaii que aceptase a reasunción do trono pola exraíña, mais nese punto foi o propio goberno hawaiano o que refugou a oferta.

Imaxe oficial da raiña Liliuokalani.

O 16 de xaneiro de 1895 foi proclamada a República das Hawaii que, como era de prever, en 1898 foi anexada aos Estados Unidos.

Liliuokalani viviu como cidadá particular en Washington Place (Hawaii) ata 1917, ano da súa morte.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas