Lila (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lilas (xénero Syringa)
Lilas comúns (Syringa vulgaris) en flor
Lilas comúns (Syringa vulgaris) en flor
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama / Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Tribo: Oleeae
Xénero: ''Syringa''
L., Sp. Pl., vol. 1: 9, 1753[1]
Especies

Arredor de 20 especies; véxase no texto.

Sinonimia
  • Lilac Mill., Gard. Dict. Abr. ed. 4: s.p. (1754).
  • Liliacum Renault, Fl. Orne: 100 (1800).
  • Busbeckia Hécart, Bosquets Agrem.: 94 (1808), nom. inval.
  • Ligustrina Rupr., Beitr. Pflanzenk. Russ. Reiches 11: 55 (1859).[1]

As lilas[2] son as distintas especies do xénero botánico Syringa. Conta con arredor de vinte especies aceptadas[3] - das máis de 100 descritas - de fanerógamas na mesma familia cás oliveiras (Oleaceae), nativas de Europa e Asia. As lilas medran desde grandes arbustos a pequenas árbores, de 2–10 m de altura. As follas son opostas (ocasionalmente en grupos de tres), deciduos, e na maioría das especies simples e acorazonadas, e pinnadas nunhas poucas especies (por exemplo en S. laciniata ou S. pinnatifolia). As flores prodúcense na primavera, cada unha de arredor de 1 cm de diámetro, branca, rosa pálido ou máis xeralmente purpúreas, con catro pétalos; en longas panículas, e en varias especies cun forte recendo. A floración comeza logo de 80–110 día graos.

As Syringa son comidas por larvas dalgunhas especies de Lepidoptera incluíndo Amphipyra pyramidea, Crocallis elinguaria e Amphipyra berbera.

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

Cultivar de lilas de flores brancas en floración.

As lilas son populares arbustos en parques e xardíns en zonas temperadas. Ademais das especies listadas abaixo, varios híbridos e numerosos cultivares téñense desenvolvido. O termo lila francesa é común para se referir a cultivares modernos de dobres flores, grazas ao traballo do prolífico mellorador Victor Lemoine.

As lilas florean nas pólas vellas, e producen máis flores se non se poda. De podarse, a planta responde producindo pólas vexetativas (chupóns) de alta velocidade de crecemento sen flores, nun intento de restaurar as pólas remexidas; unha lila podada produce poucas ou ningunha flor por un a cinco ou máis anos, antes que a nova maduración sexa de abondo para comezara florear. As lilas non podadas florean cada ano. De todos os xeitos, unha poda criteriosa debería practicarse regularmente. Faise correctamente despois de finalizada a floración, antes que os renovos se formen.
Medran xeralmente mellor en solos lixeiramente alcalino.

Os arbustos poden podarse para previr o mildio, causado por pobre circulación do ar.

As lilas purpúreas simbolizan primeiro amor e as lilas brancas: xuventude e inocencia.

A madeira de lila é de gran fechado, de poros difusos, extremadamente dura e unha das máis mestas de Europa. O sámago é tipicamente cremoso e a cerna ten varias tonalidades de pardo e púrpura. Úsase para catafalcos, instrumentos musicais, rabos de ferramentas e coitelos, etc. Ao se secar, tende a se curvar e xerar fendas. A madeira de lila común é máis dura ca de Syringa josikaea.

Syringa vulgaris é a flor do Estado de New Hampshire (Estados Unidos), por mor a que "é símbolico para o carácter dos habitantes do Estado de Granito" (New Hampshire Revised Statute Annotated (RSA) 3:5).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico do xénero Syringa deriva de syrinx (xiringa), referíndose ao estado oco das pólas novas dalgunhas especies.

Especies aceptadas[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lila
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lila