Ligeia Mare
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Ligeia Mare | |
|---|---|
| Mapa do Ligeia Mare feito por un cartografo amateur. | |
| Tipo de accidente xeolóxico | Mare |
| Accidente xeolóxico de | Titán |
| Diámetro | ~500 km |
| Superficie | 100.000 km2[1] |
| Coordenadas | 79° N 248° O |
| Procedencia do nome | Ligeia, unha serea da mitoloxía grega. |
Ligeia Mare é un lago composto de hidrocarburos líquidos (principalmente metano) da lúa de Saturno, Titán, está situado a 79,0° N 248,0° O.
Índice |
Características [editar]
Ten un diámetro do redor de 500 km e cunha superficie de ~100.000 km2, extensión superior a do Lago Superior (que conta con 82.000 km2)[1]. O seu nome provén de Ligeia, unha serea da mitoloxía grega.
Ligeia Mare é o principal destino para amenizar da misión chamada TiME, a cal podería tentar navegar neste lago.[2][3]
Imaxe dos lagos do polo norte de Titán. Podemos ver ó completo e cara a esquina inferior dereita o Ligeia Mare, á súa esquerda e atravesado por unha parte do mapa en branco, podemos ve-lo Kraken Mare coa súa gran illa do norte, a Mayda Insula, máis o norte (case sobre o polo) podemos ver parte do Punga Mare.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Scientists Explain Puzzling Lake Asymmetry on Titan" (en en). JPL. 30-12-2009. http://saturn.jpl.nasa.gov/news/newsreleases/newsrelease20091130/. Consultado o 23/04/2010.
- ↑ Ellen Stofan (25-08-2009). "Titan Mare Explorer (TiME): The First Exploration of an Extra-Terrestrial Sea". http://www.spacepolicyonline.com/pages/images/stories/PSDS%20Sat1%20Stofan-TIME.pdf. Consultado o 23-04-2010.
- ↑ Let's go sailing on lakes of Titan! (1 de novembro do 2009)
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Map of Titan's north pole, based on radar imagery, showing Kraken Mare's location (imaxe dos lagos do polo norte de Titán con nomenclatura incluída.) (en inglés)