Ligat ha'Al
| Fundación | 1954 |
|---|---|
| Rexión | (FIBA Europa) |
| Equipos | 12 |
| Actual campión | Maccabi Tel Aviv |
| Máis laureado | Maccabi Tel Aviv (49) |
| Emisión en TV | Sport 5 Channel 11 |
| Sitio web | www.bsl.org.il |
A Ligat ha'Al (hebreo: ליגת העל, en galego: Super Liga), ou Israeli Basketball Super League (BSL), é a máximo campionato de liga do baloncesto israelí, facéndoa a competición máis importante de baloncesto de Israel. Por motivos de patrocinio, actualmente a liga é coñecida como Ligat Winner (hebreo: ליגת ווינר, en galego: Liga Winner), sendo "Winner" o nome dun xogo ofertado pola compañía de apostas Sports Betting Board.[1] Ás veces tamén se coñece ao campionato como a Israeli Premier League.
Índice |
A competición [editar]
Na Ligat Winner compiten cada ano os doce principais clubs de baloncesto de Israel. Fundada en 1954, a liga é coñecida en Europa debido ao éxito dos equipos israelís nas competicións europeas como a Euroliga, a ULEB Eurocup (antiga Copa ULEB) e o EuroChallenge (antes Eurocopa). Moitos xogadores que non son elixidos no Draft da NBA deciden probar sorte nesta liga.
A competición é a primeira división no baloncesto israelí: os catro equipos que acaban últimos na liga xogan unha eliminatorias para evitar o descenso á Segunda División, mentres que oito da segunda categoría (Liga Leumit) xogan un playoff de ascenso para poder competir ao ano seguinte na HaAl. Para decidir ao campión da liga, os oito primeiros clasificados xogan unha eliminatoria de playoff que da acceso a unha "Final a Catro" na que se decide o título mediante unhas semifinais e unha final a partido único.
Ligazóns coa NBA [editar]
A liga israelí foi unha das pioneiras en Europa en tomar contacto con equipos da NBA para a disputa de amigables entre equipos de ambas as ligas. Así, nos anos 1980 foi frecuente ver en Israel a equipos como os Phoenix Suns, os Cleveland Cavaliers e Orlando Magic.
En outubro de 2005, o Maccabi Tel Aviv derrotou aos Toronto Raptors nun partido amigable de pretempada en Toronto, Canadá, por 103-105, sendo a primeira vitoria dun equipo europeo sobre un norteamericano na súa casa.[2]
A pesar de que varios xogadores israelís foron seleccionados no Draft da NBA nos últimos anos, non foi até 2009 cando Omri Casspi se converteu no primeiro xogador nado en Israel na NBA, xogando para os Sacramento Kings. Antes del foran "drafteados" Doron Sheffer, Yotam Halperin e Lior Eliyahu.
Participantes 2011-2012 [editar]
| Equipo | Adestrador | Localidade | Pavillón | Capacidade |
|---|---|---|---|---|
| Bnei HaSharon | Herzliya | HaYovel Herzliya | 1.500 | |
| Baraq Netanya B.C. | Netanya | Yeshuron | 1.000 | |
| Maccabi Ashdod | Ashdod | Hakiria Arena | 1.200 | |
| Hapoel Gilboa Galil Elyon | Gan Ner | Gan Ner Sports Hall | 2.100 | |
| Hapoel Holon | Holon | Holon City Arena | 2.850 | |
| Hapoel Jerusalem B.C. | Xerusalén | Malha Arena | 3.000 | |
| Ironi Ashkelon | Ashkelon | Dart Boyd Hall | 3.000 | |
| M.C.Habika | Gane Tikva | Lider Center | 1.000 | |
| Ironi Ramat Gan | Ramat Gan | Zisman Arena | 1.150 | |
| Maccabi Haifa B.C. | Haifa | Romema Arena | 3.000 | |
| Maccabi Rishon LeZion | Rishon LeZion | Bet Maccabi | 2.500 | |
| Maccabi Tel Aviv B.C. | Tel Aviv | Yad Eliyahu Arena | 11.700 |
Palmarés [editar]
Títulos por equipo [editar]
| Equipo | Campionatos | Subcampionatos |
|---|---|---|
| Maccabi Tel Aviv | 49 | 5 |
| Hapoel Tel Aviv | 5 | 20 |
| Hapoel Galil Elyon | 2 | 3 |
| Hapoel Holon | 1 | 2 |
| Hapoel Ramat Gan | 0 | 6 |
| Hapoel Jerusalem | 0 | 6 |
| Ironi Ramat Gan | 0 | 3 |
| Hapoel Gevat/Yagur | 0 | 3 |
| Hapoel Haifa | 0 | 2 |
| Elitzur Netanya | 0 | 1 |
| Maccabi Rishon LeZion | 0 | 1 |
| Hapoel Eilat | 0 | 1 |
| Maccabi Ironi Ra'anana | 0 | 1 |
| Ironi Nahariya | 0 | 1 |
| Maccabi Haifa | 0 | 1 |