Ligamentos gleno-umerais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ligamentos da articulación acromio-clavicular e glenoumeral

Os ligamentos gleno-umerais son un conxunto de ligamentos do membro superior humano, pertencentes á articulación glenoumeral, situada no ombreiro. Orixínase na cavidade glenoidea escapular e insírese na cabeza umeral. Reforza a cápsula articular glenoumeral en diferentes puntos, dependendo na posición do brazo e do ángulo de rotación.

Son en total tres ligamentos:

  • Un une a cavidade glenoidea coa parte inferior do tubérculo menor umeral.
  • Un segundo une a parte inferior da cavidade co pescozo anatómico umeral.
  • Un terceiro insírese no proceso coracoide, avanza xunto co bordo interno da porción longa do bíceps braquial.

Os tres reforzan a cápsula articular, xunto con dous tendóns máis, derivados do músculo pectoral maior e do músculo redondo maior.

Funcións[editar | editar a fonte]

A función principal é reforzar a cápsula articular glenoumeral. Durante a abdución, os ligamentos segundo (medio) e terceiro (inferior), contráense; mentres que o primeiro (superior) reláxase. Durante a rotación lateral, os tres tendóns están contraídos, mentres que durante a rotación medial están relaxados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.