Ligamentos carpometacarpais dorsais
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Ligamentos carpometacarpais dorsais | |
|---|---|
| Latín | ligamenta carpometacarpalia dorsalia |
| Gray's | asunto #86 328 |
Os ligamentos carpometacarpais dorsais son un conxunto de ligamentos do membro superior que reforzan o conxunto de articulacións do pulso pola parte dorsal ou posterior.
O segundo óso metacarpiano recibe dous feixes, un procedente do óso trapecio e outro do óso trapezoide.
O terceiro óso metacarpiano recibe outros dous, un procedente do óso trapezoide e outro do óso grande.
O cuarto óso metacarpiano tamén recibe dous, un do óso grande e outro do óso ganchudo.
O quinto óso metacarpiano recibe un feixe do óso ganchudo, que se estende ata a superficie anterior ou volar, constiuindo unha cápsula articular incompleta.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.