Ligamento lateral interno do cóbado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cóbado

O ligamento lateral interno do cóbado ou ulnar colateral é un ligamento do membro superior humano, pertencente ao cóbado. Ten forma triangular, diferenciándose dúas porcións:

  • Unha anterior, oblícua, co vértice inserido no epicóndilo medial umeral e base inserida na apófise coronoide do cúbito.
  • Unha posterior, tamén triangular. O vértice se insire tamén no epicóndilo medial do úmero mentres que a base se insire no bordo medial do olécranon.
  • Entre o olécranon e a apófise coronoide existen febras transversais.

O ligamento está preto do tríceps braquial, do nervio cubital e do músculo flexor ulnar do carpo. Do ligamento anular parten febras de inserción do músculo flexor común superficial dos dedos da man.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.