Ligamento anterior da articulación metacarpofalánxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ligamento anterior da articulación metacarpofalánxica
Ligamentos do pulso
Latín ligamenta palmaria
Gray's pág.331

O ligamento anterior da articulación metacarpofalánxica ou ligamento palmar ou ligamento volar é un ligamento pertencente ás articulacións metacarpofalánxicas. Reforza estas articulacións situándose por diante, manténdoas estables nos movementos de flexo-extensión. Están unidos na parte superior ao ligamento metacarpiano transverso fondo. Na parte inferior continúase coa cápsula articular situada na parte superior do óso metacarpiano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.