Ligamento acromio-coracoideo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ligamentos da articulación acromio-clavicular

O ligamento acromio-coracoideo é un ligamento do membro superior humano, pertencente á articulación acromio-clavicular, localizada no ombreiro. É un ligamento de forma triangular, groso, que se estende entre o acromion e a apófise coracoidea. Xunto co ligamento coracoide, mantén protexida a cabeza umeral. Por encima ten o músculo deltoide e a propia clavícula. Por debaixo ten o tendón do músculo supra-espiñal e habitualmente unha bolsa deslizante.

O bordo lateral do ligamento constitúe unha lámina fibrosa, que se coloca por riba dos tendóns do músculo supra-espiñal e do músculo infra-espiñal.

Nalgunhas ocasións este ligamento vese coma unha i grega, cunha porción común grosa que se insire no acromion. Cando se divide en dúas porcións, unha diríxese cara o apex da apófise coracoide, e a outra cara a base da mesma apófise. Nos casos nos que o tendón do músculo pectoral menor se insire na cápsula da articulación glenoumeral, pasa entre as dúas porcións do ligamento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.