Liga do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga do Sur é unha agrupación neoconfederada e sudista aparecida en 1994, de carácter nacionalista e secesionista dos EUA para constituír no sur dos Estados Unidos un estado rexido polas ensinanzas da Biblia. Son cristiáns tradicionalistas, reclaman os vellos símbolos (bandeira, himno) e a defensa dos dereitos dos estados, o autogoberno e os dereitos individuais da segunda enmenda.. A súa base é Tuscaloosa (Alabama). En 2005 tiña uns 10.000 membros e o seu xefe era Michael Hill. Acusado de grupo racista, está considerada unha das principais organizacións de odio dos Estados Unidos

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]