Liga de Campións da CONCACAF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga de Campións da CONCACAF é a máxima competición continental de fútbol a nivel de clubs en Norteamérica e Centroamérica. Organizado baixo distintas denominacións pola Concacaf dende 1962, o campión deste torneo acada o dereito a disputar a Copa Mundial de Clubs da FIFA que determina ó club de fútbol campión do mundo. O actual campión é o CF Monterrey, e os equipos máis laureados son o Club América e o Cruz Azul, ámbolos dous con 5 títulos.

Formato[editar | editar a fonte]

24 equipos compiten cada ano polo campionato (4 de México, 4 de Estados Unidos, 3 de Honduras, 3 de Panamá, 2 de Costa Rica, 2 de Guatemala, 2 de El Salvador, 1 de Canadá e 3 da Unión Caribeña de Fútbol. A competición ten 5 roldas, que teñen lugar entre xullo e abril:

Primeira Rolda

O torneo comeza con 8 eliminatorias directas nas que se enfrontan os 16 equipos con peor acreditación. Os 8 gañadores pasan á seguinte rolda xunto cos 8 cabezas de serie que non tiveron que disputar esta rolda eliminatoria.

Fase de grupos

Chegados a esta fase, os 16 equipos sepáranse en 4 grupos, de xeito que quedan 4 grupos con 4 equipos por grupo. Dispútase unha liguiña con 6 xornadas, ó remate da cal os 2 primeiros clasificados de cada grupos pasan á seguinte rolda.

Cuartos de final

Nos cuartos de final enfróntanse entre sí os 8 equipos en 4 eliminatorias directas a dobre encontro, de xeito que en cada eliminatoria enfróntanse un 1º fronte a un 2º da fase de grupos anterior.

Semifinais

As semifinais son 2 eliminatorias directas a dobre encontro, ida e volta. Os dous equipos gañadores pasan á final do torneo.

Final

A final da Liga de Campións da Concacaf dispútase no formato de dobre encontro, ida e volta, nos estadios dos equipos protagonistas.

Palmarés[editar | editar a fonte]

FINAL 2011
Data Ida 20 de abril
Data Volta 27 de abril
Campión Flag of Mexico.svg CF Monterrey
Finalista Flag of the United States.svg Real Salt Lake
Resultado 2-2 e 1-0



Finais da Liga de Campións da CONCACAF
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2011 Flag of Mexico.svg CF Monterrey 2-2 e 1-0 Flag of the United States.svg Real Salt Lake
2010 Flag of Mexico.svg CF Pachuca 1-2 e 1-0 Flag of Mexico.svg Cruz Azul
2009 Flag of Mexico.svg CF Atlante 2-0 e 0-0 Flag of Mexico.svg Cruz Azul
2008 Flag of Mexico.svg CF Pachuca 2-1 e 0-0 Flag of Costa Rica.svg Deportivo Saprissa
2007 Flag of Mexico.svg CF Pachuca 2-2 e 0-0 Flag of Mexico.svg CD Guadalajara
2006 Flag of Mexico.svg Club América 0-0 e 2-1 Flag of Mexico.svg Deportivo Toluca
2005 Flag of Costa Rica.svg Deportivo Saprissa 2-0 e 1-2 Flag of Mexico.svg Pumas UNAM
2004 Flag of Costa Rica.svg LD Alajuelense 1-1 e 4-0 Flag of Costa Rica.svg Deportivo Saprissa
2003 Flag of Mexico.svg Deportivo Toluca 3-3 e 2-1 Flag of Mexico.svg CA Monarcas Morelia
2002 Flag of Mexico.svg CF Pachuca 1-0 Flag of Mexico.svg CA Monarcas Morelia
2000 Flag of the United States.svg Los Angeles Galaxy 3-2 Flag of Honduras.svg CD Olimpia
1999 Flag of Mexico.svg Club Necaxa 2-1 Flag of Costa Rica.svg LD Alajuelense
1998 Flag of the United States.svg DC United 1-0 Flag of Mexico.svg Deportivo Toluca
1997 Flag of Mexico.svg Cruz Azul 5-3 Flag of the United States.svg Los Angeles Galaxy
1996 Flag of Mexico.svg Cruz Azul Liguiña Flag of Mexico.svg Club Necaxa
1995 Flag of Costa Rica.svg Deportivo Saprissa Liguiña Flag of Guatemala.svg CSD Municipal
1994 Flag of Costa Rica.svg CS Cartaginés 3-2 Flag of Mexico.svg CF Atlante
1993 Flag of Costa Rica.svg Deportivo Saprissa Liguiña Flag of Mexico.svg Club León CF
1992 Flag of Mexico.svg Club América 1-0 Flag of Costa Rica.svg LD Alajuelense
1991 Flag of Mexico.svg Puebla FC 3-1 e 1-1 Flag of Trinidad and Tobago.svg Police FC
1990 Flag of Mexico.svg Club América 2-2 e 6-0 Flag of Cuba.svg FC Pinar del Río
1989 Flag of Mexico.svg Pumas UNAM 1-1 e 3-1 Flag of Cuba.svg FC Pinar del Río
1988 Flag of Honduras.svg CD Olimpia 2-0 e 2-0 Flag of Trinidad and Tobago.svg Defence Force FC
1987 Flag of Mexico.svg Club América 1-1 e 2-0 Flag of Trinidad and Tobago.svg Defence Force FC
1986 Flag of Costa Rica.svg LD Alajuelense 2-1 e 2-1 Flag of Suriname.svg SV Transvaal
1985 Flag of Trinidad and Tobago.svg Defence Force FC 2-0 e 0-1 Flag of Honduras.svg CD Olimpia
1984 Flag of Haiti.svg Violette AC - Finalista non presentado
1983 Flag of Mexico.svg CF Atlante 1-1 e 5-0 Flag of Suriname.svg SV Robinhood
1982 Flag of Mexico.svg Pumas UNAM 0-0 e 3-2 Flag of Suriname.svg SV Robinhood
1981 Flag of Suriname.svg SV Transvaal 1-0 e 1-1 Flag of El Salvador.svg CD Atlético Marte
1980 Flag of Mexico.svg Pumas UNAM Liguiña Flag of Honduras.svg Pumas de UNAH
1979 Flag of El Salvador.svg Club Deportivo FAS 1-0 e 8-0 Flag of the Netherlands Antilles (1986-2010).svg CRKSV Jong Colombia
1978 Flag of Mexico.svg Univ. Guadalajara
Flag of Trinidad and Tobago.svg Defence Force FC
Flag of Guatemala.svg CSD Comunicaciones
- Título compartido
1977 Flag of Mexico.svg Club América 1-0 e 1-1 Flag of Suriname.svg SV Robinhood
1976 Flag of El Salvador.svg CD Águila 5-1 Flag of Suriname.svg SV Robinhood
1975 Flag of Mexico.svg Atlético Español 3-0 e 2-1 Flag of Suriname.svg SV Transvaal
1974 Flag of Guatemala.svg CSD Municipal 2-1 e 2-1 Flag of Suriname.svg SV Transvaal
1973 Flag of Suriname.svg SV Transvaal - Finalista non presentado
1972 Flag of Honduras.svg CD Olimpia 1-0 e 0-0 Flag of Suriname.svg SV Robinhood
1971 Flag of Mexico.svg Cruz Azul Liguiña Flag of Costa Rica.svg LD Alajuelense
1970 Flag of Mexico.svg Cruz Azul - Finalista non presentado
1969 Flag of Mexico.svg Cruz Azul 0-0 e 1-0 Flag of Guatemala.svg CSD Comunicaciones
1968 Flag of Mexico.svg Deportivo Toluca - Finalista non presentado
1967 Flag of El Salvador.svg Alianza FC 1-2, 3-0 e 5-3 Flag of the Netherlands Antilles (1986-2010).svg CRKSV Jong Colombia
1963 Flag of Haiti.svg RC Haïtien Liguiña Flag of Mexico.svg CD Guadalajara
1962 Flag of Mexico.svg CD Guadalajara 1-0 e 5-0 Flag of Guatemala.svg CSD Comunicaciones

Os equipos mexicanos levan dominando esta competición dende a primeira edición ate a actualidade, conquistando 27 das 46 edicións, gracias a equipos como o Cruz Azul, o Club América e o CF Pachuca, con 14 trofeos entre os 3 clubs. Con 6 títulos, o seguinte país mais exitoso na Liga de Campións da Concacaf é Costa Rica, gracias ós 2 equipos mais potentes da súa liga, o Deportivo Saprissa e o LD Alajuelense.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]