Liga Nacional de Fútbol Americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga Nacional de Fútbol Americano (tamén coñecida como LNFA), é a máxima competición española de Fútbol americano a nivel de clubs. A competición comeza en xaneiro e remata en xuño.

Formato[editar | editar a fonte]

A LNFA se comezou a disputar no ano 1995, despois dalgúns anos levándose a cabo con éxito a Liga Catalá de Fútbol Americano. Na tempada 2010, o campionato estivo composto por 15 equipos divididos en 3 "conferencias", chamadas Conferencia Española (cos 5 mellores equipos do ano anterior), Conferencia Nacional (cos 5 seguintes mellores equipos do ano anterior), e Conferencia Hispánica. Durante a tempada regular cada equipo disputou 8 encontros, 2 fronte a cada equipo da súa mesma conferencia. Ó remate desta tempada regular, leváronse a cabo as eliminatorias polo título. Estes play offs se disputaron a un encontro. Nos cuartos de final se enfrontaron o 1º clasificado da Conferencia Hispánica fronte ó 3º da Conferencia Española, e o 1º clasificado da Conferencia Nacional fronte ó 4º da Conferencia Española. Mentres, os 2 mellores equipos da Conferencia Española, xa agardaban rival nas semifinais.

Na tempada 2011 o formato tivo algún cambio, así, tan só os 6 mellores equipos de España poden loitar polo título de liga. A competición de 6 equipos mantívose até 2017.

LNFA Serie A 2018[editar | editar a fonte]

LNFA Serie A - Grupo 1 España
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Dracs
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Firebats
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Imperials
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Pioners
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Voltors
2018
LNFA Serie A - Grupo 2 España
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Camioneros
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Cobras
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Giants
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Lions
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Sharks
2018
LNFA Serie A - Grupo 3 España
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Black Demons
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Black Ravens
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Coyotes
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Mariners
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Osos
2018

A máxima categoría do fútbol americano español mudou de formato na tempada 2018. O número de equipos participantes medrou de 6 a 15, divididos en tres grupos por criterios xeográficos.

Durante a fase de liga regular cada equipo disputará oito encontros, dous contra cada rival do seu propio grupo, e terá dúas xornadas de descanso, completándose un total de dez xornada de liga regular. Deste xeito, en cada xornada se disputarán seis encontros (dous por grupo) e haberá tres equipos descansando (un por grupo). Esta fase comezará o 13 de xaneiro de 2018, e rematará o 15 de abril.

Ó remate da liga regular establecerase unha clasificación conxunta dos tres grupos. Nela, os doce primeiros equipos da táboa xogarán as eliminatorias polo título, e os tres últimos xogarán as eliminatorias de descenso de categoría.

Na loita polo título os catro mellores da clasificación conxunta estarán exentos da primeira rolda de eliminatorias. Os restantes equipos disputarán entre eles unha eliminatoria (28/29 de abril) previa ós cuartos de final do seguinte xeito:

  • 5º contra 12º
  • 6º contra 11º
  • 7º contra 10º
  • 8º contra 9º

Os cuartos de final levaranse a cabo o 5/6 de maio:

  • (a) 1º contra 8º/9º
  • (b) 2º contra 7º/10º
  • (c) 3º contra 6º/11º
  • (d) 4 contra 5º/12º

As semifinais serán o 19/20 de maio:

  • (a) contra (d)
  • (b) contra (c)

A final celebrarase o 2/3 de xuño.

Por outra banda, as eliminatorias polo descenso serán entre o 5/6 de maio e o 9/10 de xuño. Dos tres equipos da Serie A participantes un descenderá, outro promocionará e outro manterá a categoría. Primeira eliminatoria:

  • 14º contra 15º (o perdedor descende á Serie B)

Segunda eliminatoria:

  • 13º contra 14º/15º (o gañador acada a permanencia)

A terceira eliminatoria:

  • Subcampión da Serie B contra o perdedor da segunda eliminatoria (o gañador xogará en Serie A e o perdedor en Serie B) [1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Finais da LNFA
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2018 Cataluña Badalona Dracs 33 – 26 Murcia Murcia Cobras
2017 Cataluña Badalona Dracs 56 - 14 Cataluña Reus Imperials
2016 Cataluña Badalona Dracs 41 - 14 Valencia Firebats
2015 Valencia Firebats 30 - 20 Cataluña Badalona Dracs
2014 Cataluña Badalona Dracs 24 - 18 Valencia Firebats
2013 Cataluña L'Hospitalet Pioners 24 - 0 Cataluña Badalona Dracs
2012 Cataluña L'Hospitalet Pioners 47 - 24 Comunidade de Madrid Rivas Osos
2011 Cataluña L'Hospitalet Pioners 24 - 8 Cataluña Badalona Dracs
2010 Cataluña L'Hospitalet Pioners 36 - 0 Valencia Firebats
2009 Valencia Firebats 29 - 10 Cataluña Badalona Dracs
2008 Cataluña L'Hospitalet Pioners 36 - 17 Valencia Firebats
2007 Valencia Firebats 47 - 21 Cataluña Badalona Dracs
2006 Valencia Firebats 13 - 0 Cataluña L'Hospitalet Pioners
2005 Cataluña L'Hospitalet Pioners 24 - 13 Cataluña Badalona Dracs
2004 Cataluña Badalona Dracs 23 - 0 Cataluña L'Hospitalet Pioners
2003 Cataluña Badalona Dracs 30 - 20 Cataluña L'Hospitalet Pioners
2002 Cataluña Badalona Dracs 14 - 8 Comunidade de Madrid Rivas Osos
2001 Comunidade de Madrid Rivas Osos 21 - 7 Aragón Zaragoza Lions
2000 Cataluña Granollers Fenix 8 - 0 Cataluña Badalona Dracs
1999 Cataluña Badalona Dracs 52 - 12 Comunidade de Madrid Rivas Osos
1998 Cataluña Badalona Dracs 17 - 13 Cataluña L'Hospitalet Pioners
1997 Cataluña Vilafranca Eagles 40 - 20 Comunidade de Madrid Madrid Panteras
1996 Comunidade de Madrid Madrid Panteras 21 - 17 Cataluña Vilafranca Eagles
1995 Comunidade de Madrid Madrid Panteras 55 - 13 Cataluña Barcelona Boxers

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  1. Datas da LNFA Serie A 2018 (en castelán)