Liga Italiana de Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga Italiana de Rugby, chamada dende o 2010 Campionato di Eccellenza, e anteriormente Super 10, é a competición de maior categoría a nivel de clubes do rugby italiano.

Características[editar | editar a fonte]

O primeiro campionato italiano foi no ano 1929 e nel participaron 6 dos 16 equipos existentes daquela en Italia. En 2002, o campionato italiano foi reestruturado de xeito que os 10 equipos máis fortes tomasen parte na nova competición chamada Super 10 e as antigas Series A se converteran na segunda división do rugby italiano. A competición comeza en Setembro e remata en maio. Tras unha competición a dobre volta (con partidos na casa e fora), os catro mellores pasan a uns play-offs que deciden cal é o campión, ademais aquel equipo que remata como pechacancelas trala tempada regular, baixa á Serie A. Do mesmo xeito, ó cabo da tempada regular, eses 4 equipos que lideran a táboa competirán o seguinte ano fronte a equipos doutros países europeos, tomando parte na European Challenge Cup.

Equipos participantes 2010-2011[editar | editar a fonte]

Clube Cidade Estadio Capacidade
L'Aquila L'Aquila Stadio Tommaso Fattori 10.000
Cavalieri Prato Stadio Enrico Chersoni 1.300
Crociati Parma Stadio XXV Aprile 2.500
GranDucato Parma Stadio XXV Aprile 2.500
SS Lazio Roma Centro Sportivo Giulio Onesti 5.000
Mogliano Mogliano Veneto Stadio Maurizio Quaggia ?
Petrarca Padua Stadio Plebiscito 9.600
Rugby Roma Roma Stadio Tre Fontane 4.000
Rovigo Rovigo Stadio Mario Battaglini 7.000
Veneziamestre Venecia Centro Sportivo Comunale 600

Información Xeral[editar | editar a fonte]

As cidades de Parma (na que xogan o Crociati Rugby e o GranDucato Parma Rugby) e Roma (na que xogan o SS Lazio Rugby e o Rugby Roma Olimpic) son as únicas cidades que teñen dous equipos na actualidade. Os clubes Treviso, Viadana e Calvisano teñen dominado o campionato italiano durante os derradeiros anos, aínda que ningún de esos 3 clubes compiten xa no torneo.

O rugby italiano evolucionou ó longo do tempo; os clubes están mellor equipados, mellor organizados e adestran mellor ós seus xogadores. Hai mais cartos dos patrocinadores e xogadores estranxeiros (algúns dos cales xogan representando a Italia coa súa selección grazas ás normas da IRB ó respecto) que teñen mellorado o nivel competitivo da liga. En 2005 a Federación Italiana de Rugby (FIR) decidiu introducir unha norma pola que se obrigaba ós equipos a convocar polo menos a 12 xogadores italianos dos 22 que cada equipo leva a cada partido. Isto foi un esforzo para evitar que os mellores xogadores italianos emigraran para xogar en Francia, cuxo campionato é moito mais forte e profesional que o italiano, e deixar así de depender dos clubes franceses para facer as aliñacións da selección italiana.

No canto de acadar que mais cantidade de medios de comunicación se preocuparan do rugby, os equipos italianos que competían na Heineken Cup e na European Challenge Cup seguiron a perder fronte a equipos ingleses e franceses, así como fronte ós equipos das provincias e rexións de Irlanda e Gales que xogan na Liga celta. Debido a isto, suxeriuse fai uns anos que os equipos italianos entrasen na Liga Celta.

O 2008 foi unha sorpresa positiva nas competicións europeas, dado que os equipos italianos, agora cuns maiores orzamentos, chegaron a gañar a algúns equipos franceses da parte baixa da táboa, co que semellaba que o nivel do Super 10 evolucionaba para ben.

Na tempada 2010-2011 producíronse os trocos mais salientables na competición. Co obxectivo de que a selección italiana de rugby (que toma parte no Torneo das Seis Nacións) acade unha maior competitividade e que os xogadores italianos non teñan que emigrar ó estranxeiro para competir ó máximo nivel, a Federación Italiana de Rugby e a Magners League chegaron a un acordo para que 2 equipos italianos participen por primeira vez na prestixiosa competición británica, unha das 3 ligas mais poderosas de Europa, que ata entón só estado composta por equipos de Irlanda, Escocia e Gales. Ó primeiro propúxose que unha franquía coa sede en Roma e que xogase como local no Stadio Flaminio fose elixida para participar na Magners League, pero non se chegou a un acordo. A proposta dunha franquía con sede en Viadana si acadou o acordo das institucións e dos clubes implicados, de tal xeito que, co nome de Aironi Rugby, esta franquía debutou na tempada 2010-2011 da Magners League, o que supuxo o abandono do Rugby Viadana da Liga Italiana de Rugby. Sendo incapaces de organizar a creación dunha franquía en Roma, propúxose que fose o Benetton Treviso o que accedese á outra praza restante para competir na Magners League, aceptando o clube do Veneto, o que supuxo a súa saída da Liga Italiana.

Debido a estes trocos, as prazas reservadas ó campionato italiano para clasificar ós seus equipos para xogar na Heineken Cup desapareceron, xa que serán Aironi Rugby e Benetton Treviso os representantes italianos na máxima competición continental do rugby. Así pois, os 4 equipos mellor clasificados ó cabo da tempada, competirán a seguinte tempada na European Challenge Cup, segunda competición continental.

Como resultado da entrada de Aironi Rugby e Benetton Treviso na Magners League 2010-2011, o campionato italiano baixa un grao na súa importancia e se converte practicamente nunha liga semi-profesional ou de formación de xogadores, como son a liga galesa, a irlandesa ou a escocesa, que xa pasaron hai uns anos por este transo de depreciación.

Formato[editar | editar a fonte]

O presente formato das ligas italianas e a súa estrutura é a seguinte:

  • Campionato di Eccellenza con 10 equipos
  • Serie A: 2 divisións de 12 equipos que xogan os seus partidos a dobre volta
  • Serie B: 4 divisións de 12 equipos que xogan os seus partidos a dobre volta
  • Serie C: divisións rexionais
  • Campionato Sub-19: 3 divisións de 10 equipos que xogan os seus partidos a dobre volta

Campións[editar | editar a fonte]

Finais dende o 2002:

Tempada Campión Resultado Finalista
2001-2002 Rugby Viadana 19-12 Rugby Calvisano
2002-2003 Benetton Treviso 34-12 Rugby Calvisano
2003-2004 Benetton Treviso 22-10 Rugby Calvisano
2004-2005 Rugby Calvisano 25-20 Benetton Treviso
2005-2006 Benetton Treviso 17-12 Rugby Calvisano
2006-2007 Benetton Treviso 28-241 Rugby Viadana
2007-2008 Rugby Calvisano 20-3 Benetton Treviso
2008-2009 Benetton Treviso 29-20 Rugby Viadana
2009-2010 Benetton Treviso 16-12 Rugby Viadana
2010-2011 Petrarca Rugby 18-14 Rugby Rovigo
2011-2012 Rugby Calvisano 27-22 e 16-14 RC I Cavalieri

1 = no tempo engadido

Palmarés por equipos[editar | editar a fonte]

Equipo Gañadas Anos nos que gañou
Amatori Milano 18 1929, 1930, 1931, 1932, 1933, 1934, 1936, 1938, 1939, 1940, 1941, 1942, 1943, 1946, 1991, 1993, 1995, 1996
Benetton Treviso 15 1956, 1978, 1983, 1989, 1992, 1997, 1998, 1999, 2001, 2003, 2004, 2006, 2007, 2009, 2010
Petrarca 12 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1977, 1980, 1984, 1985, 1986, 1987, 2011
Rovigo 11 1951, 1952, 1953, 1954, 1962, 1963, 1964, 1976, 1979, 1988, 1990
Rugby Roma 5 1935, 1937, 1948, 1949, 2000
Fiamme Oro 5 1958, 1959, 1960, 1961, 1968
L'Aquila Rugby 5 1967, 1969, 1981, 1982, 1994
Rugby Parma 3 1950, 1955, 1957
Calvisano 3 2005, 2008, 2012
Partenope 2 1965, 1966
Viadana 1 2002
Rugby Brescia 1 1975
Ginnastica Torino 1 1947

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]