Liga Galega de Traiñeiras 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A edición do ano 2007 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a segunda tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 13 clubs, un menos que a tempada inaugural ao non tomar parte na competición o Club de Remo Vila de Cangas. O campión desta edición foi a Sociedade Deportiva Tirán de Tirán (Moaña), que conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 16 de xuño coa disputa da XXI Bandeira de Redondela en Chapela (Redondela), e o 26 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a IV Bandeira Concello de Ferrol na Praia de S. Xurxo, Ferrol.

Clubs participantes[editar | editar a fonte]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Posoción Equipo Puntos Diferenza
1 S.D. Tirán 188
2 S.D. Samertolameu 177 +11
3 Muros - R.C. Náutico de Vigo 152 +36
4 C. Regatas Salgado-Perillo 146 +42
5 C.R. Chapela 139 +49
6 Amegrove-Interrías C.R. 115 +73
7 C.R. Coruxo 105 +83
8 A.D. Esteirana 97 +91
9 C.R. A Cabana 76 +112
10 C.R. Puebla 64 +124
11 C.R. Ares 56 +132
12 S.D. As Xubias 25 +163
13 C.M. Castropol 15 +173
Campión
S.D. Tirán

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]