Liga ASOBAL 2011/12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga ASOBAL 2011/12 foi a 61ª edición da liga española de balonmán, a 22ª coa denominación Asobal. Este ano o torneo tivo o mesmo sistema de competición das últimas tempadas, con 16 equipos e 30 xornadas. Unha das novidades máis salientables desta tempada foi o retorno á elite do conxunto galego do Academia Octavio, despois dunha tempada na División de Honra Prata. Outra novidade foi a primeira participación do Obearagón BM Huesca na máxima categoría do balonmán español na súa historia. Por outra banda, o BM Ciudad Real deixou a súa cidade de orixe, mudándose dende Cidade Real a Madrid, rebautizándose como BM Atlético de Madrid.

Equipos[editar | editar a fonte]

Equipo Adestrador Cidade Pavillón Capacidade Marca Patrocinador
Alser Puerto Sagunto España Alberto Estornell Puerto de Sagunto Porto de Sagunto Pavillón Municipal Porto de Sagunto 2.500 Bemiser Alser
AMAYA Sport San Antonio España Juanto Apezetxea Pamplona Pamplona Pavillón Universitario de Navarra 3.000 Astore AMAYA Sport
BM Antequera España Antonio Ortiz Antequera Antequera Municipal Fernando Argüelles 2.575 Hummel
BM Atlético de Madrid España Talant Dujshebaev Madrid Palacio de Vistalegre 15.000 Kempa
BM Torrevieja España Manolo Laguna Torrevieja Torrevieja Polideportivo Infanta Cristina 4.500 Rasán
Caja3 BM Aragón España Mariano Ortega Zaragoza Zaragoza Pavillón Príncipe Felipe 12.000 Kempa Caja3
Cuatro Rayas Valladolid España Juan Carlos Pastor Valladolid Valladolid Polideportivo Huerta del Rey 3.502 Hummel Cuatro Rayas
Cuenca 2016 España "Zupo" Equisoain Cuenca Cuenca Municipal El Sargal 1.900 Elements
FC Barcelona Intersport España Xavi Pascual Barcelona Barcelona Palau Blaugrana 7.500 Nike Intersport
Fraikin BM Granollers España Manolo Cadenas Barcelona Granollers Palau d'Esports de Granollers 5.685 Kempa Fraikin
Helvetia Anaitasuna España Aitor Etxaburu Pamplona Pamplona Pavillón Anaitasuna 3.500 Salming Helvetia Seguros
Naturhouse La Rioja España Javier "Jota" González Logroño Logroño Palacio dos Deportes 3.851 Mercury Naturhouse
Obearagón BM Huesca España José Francisco Nolasco Huesca Huesca Municipal de Huesca 5.500 Rasán Obearagón
Academia Octavio España Enrique Domínguez Vigo Vigo Complexo Deportivo das Travesas 3.500 Salming
Quabit BM Guadalajara España Fernando Bolea Guadalajara Guadalaxara Multiúsos de Guadalaxara 5.894 Rasán Quabit
Reale Ademar León España Isidoro Martínez León León Palacio Municipal de Deportes 6.000 Kukri Reale - Feve

Clasificación[editar | editar a fonte]

A liga rematou co título de campión en mans do FC Barcelona Intersport, que xa fora campión na anterior edición da Liga ASOBAL. Foi o 19º campionato de liga para o club catalán. Como campión, acadou a praza para disputar a edición 2012/13 da Liga de Campións da EHF, competición na que estará acompañado polo BM Atlético de Madrid e polo Reale Ademar León, segundo e terceiro clasificados na táboa. Os equipos que remataron a liga en cuarta e quinta posición (Cuatro Rayas Valladolid e Caja3 BM Aragón) acadaron unha praza para competir na edición 2012/13 da nova competición europea, chamada Copa de Europa da EHF, que fusiona a Recopa de Europa e a Copa EHF. Por último, descenderon de categoría automaticamente os dous últimos equipos da táboa, BM Antequera e Alser Puerto Sagunto. A clasificación da Liga Asobal 2011-12 rematou do seguinte xeito:[1]

Actualizado: 4 de xuño de 2012

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]