Life with Father

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Life with Father é un libro humorístico autobiográfico escrito en 1936 por Clarence Day, Jr. Foi adaptado ó teatro por Lindsay e Crouse e representado en Broadway en 1939. En 1947 foi convertido en filme e en 1953 nunha serie de televisión.

O libro[editar | editar a fonte]

Clarence Day escribiu este libro sobre a súa vida e a súa familia en clave de humor. As historias de seu pai, Clarence Day Sr, "Clare", contadas con ironía afectuosa, están tomadas do New Yorker. Representan a clase media neoiorquina da década de 1890.

A obra teatral[editar | editar a fonte]

A obra de Broadway de 1939 permaneceu en escena durante sete anos, converténdose na peza teatral non musical que máis tempo aguantou en cartel en toda a historia teatral neoiorquina, un récord que aínda mantén hoxe en día. Abriu no Empire Theatre o 8 de novembro de 1939 e resistiu ata o 8 de setembro de 1945. Continuou representándose en Broadway ata o 12 de xullo de 1947 e pechou despois de 3.224 funcións. Actuaban, entre outros, o propio Lindsay, a súa muller Dorothy Stickney, e Teresa Wright. A acción transcorre nunha estancia da casa dos Day en Madison Square nos anos oitenta do século XIX.

O filme[editar | editar a fonte]

A película de 1947, unha comedia cinematográfica, conta a verdadeira historia dun stockbroker que quere ser o xefe e señor da súa casa pero que se encontra con que a súa muller e os fillos o ignoran ata que comezan a esixirlle que cambie de vida. Tal e como se representa na autobiografía todos os nenos da familia son rubios excepto a prima representada por Elizabeth Taylor. Acompáñana William Powell, Irene Dunne, Taylor, Edmund Gwenn, Zasu Pitts, Jimmy Lydon e Martin Milner.

O filme foi adaptado por Donald Ogden Stewart a partir da obra teatral de Howard Lindsay e Russel Crouse, baseada no libro de Clarence Day, Jr.. Foi dirixida por Michael Curtiz e nomeada nos Premios da Academia polo mellor actor principal (William Powell), pola mellor dirección artística, pola mellor cinematografía en color e pola mellor partitura musical dun filme cómico ou dramático.

A serie de televisión[editar | editar a fonte]

Life With Father (A vida con papá) foi convertida nunha serie de televisión en 1953, con Leon Ames e Lurene Tuttle como protagonistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

C. Otis Skinner, 1976, Life With Lindsay and Crouse. Boston: Houghton, Mifflin & Co.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]