Liesel Pritzker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liesel Matthews
Nacemento Liesel Anne Pritzker
14 de marzo de 1984 (30 anos)
Chicago, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz
Ficha na IMDb

Liesel Anne Pritzker nada o 14 de marzo de 1984 en Chicago, Illinois, é unha actriz estadounidense e herdeira da fortuna de Hyatt Hotels. Emprega o nome artístico de Liesel Matthews e é recoñecida por interpretar o papel de Sara Crewe en A princesiña, unha adaptación cinematográfica de 1995 do clásico de Frances Hodgson Burnett, e fixo da filla do presidente dos Estados Unidos no filme Air Force One.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Para os seus papeis no escenario e na pantalla, Liesel Pritzker emprega o nome artístico de "Liesel Matthews" por dous motivos. O primeiro, na honra ó seu irmán Matthew e en segundo lugar, para evitar conflitos entre os seus pais divorciados sobre se debe incorporar o nome do seu padrastro e se coñecería como Liesel Pritzker-Bagley.

Pritzker fixo o seu debut profesional como Scout nunha produción de To Kill A Mockingbird en Chicago. Ela tamén participou en na obra teatral Vincent in Brixton, e gañou un Theatre World Award pola súa actuación.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Liesel Anne Pritzker naceu no seo da rica familia Pritzker, de orixe xudía de Ucraína por parte do seu pai. Os seus pais son Irene (Dryburgh de solteira) e Robert Pritzker. É unha dos doce netos do patriarca Abram Nicholas Pritzker, financeiro e industrial que morreu en 1986. O seu tío, Jay Pritzker é o fundador da rede de hoteis Hyatt Hotel e propietario das aeroliñas Braniff dende 1983 ata 1988.

A familia controla o TransUnion e a Royal Caribbean Cruise Lines. Os Pritzker estiveron nos postos máis altos da revista Forbes como unha das familias máis ricas dos Estados Unidos.

Educación[editar | editar a fonte]

Pritzker graduouse na New Trier High School de Chicago e matriculouse na Universidade de Columbia. Actualmente estuda no instituto culinario francés en Nova York.

Demandas[editar | editar a fonte]

No 2002, durante o seus estudos na Universidade de Columbia, presentou unha demanda de seis mil millóns de dólares contra o seu pai e 11 curmáns maiores alegando que se apropiaran indebidamente dos cartos dos fideicomisos establecidos para ela e o seu irmán Matthew Pritzker. A comezos do 2005, as partes estableceron a demanda que conduciu á fortuna da familia a unha división en 11 partes, polo que 10 Pritzkers máis se uniron á lista da revista Forbes. Segundo o acordo, Liesel e Matthew recibiron 280 millóns de dólares en efectivo e se lles deu un maior control sobre outros fondos por valor de 170 millóns de dólares a cada un.

Novos Embaixadores para a Oportunidade[editar | editar a fonte]

Liesel Pritzker é a fundadora de Novos Embaixadores para a Oportunidade, unha rede de profesionais que teñen como obxectivo inspirar, educar e involucrar a outros nas micro-finanzas e o traballo na Oportunidade Internacional. En xuño de 2009, doou 4 millóns de dólares para axudar a ampliar os servizos de micro-finanzas en África.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1995 A princesiña Sara Crewe Gañou un premio como artista infantil
1997 Air Force One Alice Marshall Nomeamento por mellor actuación feminina
2000 Blast Jessie 'Ears'

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]