Licancabur
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Licancabur | |
|---|---|
| Elevación: | 5.920 m |
| Latitude: | 22°50 ′ S |
| Lonxitude: | 67°53 ′ O |
| Rexión: | Bolivia/Chile |
| Cordilleira: | Andes |
| Tipo de montaña: | Estratovolcán |
Licancabur é un estratovolcán situado na fronteira entre Chile e Bolivia, xunto á Laguna Verde. A súa última erupción tivo lugar no Holoceno.
Crese que o lago de 70×90 metros que hai na cima é o lago situado a maior altura do mundo, e a pesar das temperaturas de -30 °C contén numerosos seres vivos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Smithsonian, Programa de vulcanismo global, Licancabur (en inglés)
- Licancabur, tour 2003 (en castelán)
- NASA Licancabur Expedition: Explorando os lagos máis altos da Terra. (en inglés)