Libro dos Asentamentos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En islandés Landnámabók (significa Libro dos Asentamentos, en ocasións abreviado Landnáma) é un manuscrito medieval islandés que describe con moito detalle o asentamento ("landnám" en islandés) dos noruegueses en Islandia durante os séculos IX e X d.C. Comeza co asentamento orixinal de Ingólfur Arnarson en Reiquiavik e a súa reclamación das terras do norte, oeste, leste e sul. De aí pasa a describir os descendentes dos primeiros poboadores e describe fitos importantes e a súa historia familiar ata o século XII. Describe máis de 3.000 persoas e 1.400 colonizadores. O Libro dos Asentamentos ou Landnámabók nomea a 435 homes como os colonizadores iniciais. A maioría asentáronse na parte norte e suroeste da illa. O Landnámabók constitúe unha fonte moi valiosa da historia e xenealoxía do pobo islandés.

Existen tres versións medievais do Landnámabók ou Libro dos Asentamentos:

  • Sturlubók de Sturla Þórðarson.
  • Hauksbók de Haukr Erlendsson, baseado no Sturlubók.
  • Unha terceira versión perdida de Styrmir Kárason Melabók.