Libro de Aneirin
O Libro de Aneirin (en galés Llyfr Aneirin) é un manuscrito galés de finais do século XIII que contén poesía en lingua galesa antiga e media atribuída a Aneirin, un poeta britano de finais do século VI.
O manuscrito está na Cardiff Central Library. Data aproximadamente de 1265, pero probabelmente é unha copia dun manuscrito orixinal do século IX. A poesía púidose manter viva a través da transmisión oral. O poema máis coñecido que conteñen a s súas páxinas é Y Gododdin, un antigo poema galés que conmemora os guerreiros de Gododdin (Lothian na actual Escocia) que caeron na Batalla de Catraeth (probabelmente Catterick en North Yorkshire) sobre o ano 600. Partes deste parecen ser contemporáneas de Aneirin. A outra poesía, sen conexión coa batalla, inclúe, entre outros, un curto poema para un neno chamado Dinogad, describindo como seu pai vai cazar e pescar..
Ligazóns externas[editar]
- Llyfr Aneirin, ca. 1265 do sitio web Gathering the Jewels. Inclúe imaxes en cor do manuscrito completo.
- The Book of Aneurin Tradución inglesa, do sitio web Celtic Literature Collective.