Libra sursudanesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libra sursudanesa
South Sudanese Pound
Código:SSP
Ámbito: Sudán do Sur
Símbolo:
Fracción:100 piastras
Moedas:1, 5, 25, 50 piastras
Billetes:1, 5, 10, 25, 50, 100 libras
Emisor:Bank of South Sudan
Taxa de troco:
12-08-2011
1 EUR = 1,4249 SSP
1 USD = 1 SSP
Troco actual

A libra sursudanesa é a moeda oficial do Sudán do Sur. Antes da proclamación oficial da súa independencia o 9 de xullo do 2011, o goberno do Sudán do Sur anunciou o establecemento dunha moeda propia, inicialmente en paridade cambiaria coa libra sudanesa,[1] que se efectuaría unha vez se producira a declaración.[2]

A libra sursudanesa, que se espera substitúa ao dólar estadounidense e ao xilin keniata como unidades monetarias frecuentes no recentemente fundado país, foi lanzada o 18 de xullo e está dividida en 100 piastras sursudanesas.[3]

Moedas e billetes[editar | editar a fonte]

O 18 de xullo do 2011, puxéronse en circulación os primeiros billetes con valor facial expresado na nova unidade monetaria do Sudán do Sur, sendo emitidos en denominacións de 1, 5, 10, 25, 50 e 100 libras sursudanesas. En todas elas aparece o rostro de John Garang, primeiro presidente do Goberno Autónomo do Sudán do Sur no 2005 e que finou meses despois[4].

Aínda se descoñecen as características técnicas e deseños das moedas, aínda que todo apunta a que se acuñarán nun futuro próximo en valores de 1, 5, 25 e 50 piastras.[5]

Notas[editar | editar a fonte]