Liam Cunningham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liam Cunningham
Liam Cunningham.jpg
Nacemento Liam Cunningham
2 de xuño de 1961 (52 anos)
East Wall, Dublín, Irlanda Irlanda
Profesión Actor e director de cine
Cónxuxe(s) Colette Cunningham
Fillo(s) Ellen Cunningham
Liam Cunningham
Sean Cunningham
Ficha na IMDb

Liam Cunningham nado o 2 de xuño de 1961 en Dublín é un actor e director de cinema irlandés. Apareceu un numerosos proxectos de cinema e televisión entre os que se inclúen A princesiña, First Knight e Jude.

Biografía[editar | editar a fonte]

Cunningham naceu no East Wall, que é un área do centro da Northside de Dublín. Medrou no seo dunha familia católica e ten tres irmás e un irmán. Deixou a escola con quince anos e traballou durante algún tempo como electricista. Na década de 1980, mudouse a Zimbabwe onde estivo durante tres anos traballando no mantemento do equipo eléctrico nun parque de safari. Despois de regresar a Irlanda, Cunningham mostrouse insatisfeito co seu traballo como electricista e decidiu perseguir o seu soño de actuar. Asistiu a clases de actuación e comezou a traballar no teatro local.

Actualmente, Cunningham vive en Dublín coa súa muller Colette, a súa filla Ellen e os seus fillos homes Liam Jr. e Sean.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu debut no cinema chegou da man do filme Into the West. A súa aparición na pantalla continuou con papeis en War of the Buttons, A princesiña, Cracker-Best Boys e First Knight. O papel que cambiou a súa traxectoria foi como Phillotson no filme Jude. Continuou con pequenos papeis en Police 2020, Falling for a Dancer, Shooting the Past, When the Sky Falls e Revelation.

Porén, acadou fama internacional co seu papel como Capitán Ryan no filme de terror Dog Soldiers. Dende entón, protagonizou numerosos filmes americanos e británicos de gran orzamento entre os que se inclúen The League of Gentlemen's Apocalypse, O vento que axita o orxo, The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, Hunger, Clash of the Titans e Centurion.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
2012 Safe House Alec Wade
Game of Thrones Davos Seaworth Serie de televisión, HBO (US)
Titanic: Blood and Steel Jim Larkin Serie de televisión, BBC (UK)
2011 War Horse Doutor do exército
Strike Back: Project Dawn Daniel Connelly TV Series, Sky One (UK) / Cinemax (US)
Camelot Colfur Serie de televisión, Estados Unidos
Black Butterflies Jack Cope Filme dos Países Baixos
Outcasts Presidente Richard Tate TV Series, BBC Reino Unido
The Guard Francis Sheehy Filme de Irlanda
2010 The Whistleblower Bill Hynes Filme de Estados Unidos
Clash of the Titans Solon Filme de Estados Unidos
Centurion Brick Filme de Reino Unidos
2009 Harry Brown Sid Rourke Filme de Reino Unido
Perrier's Bounty O Mutt Filme de Irlanda e Reino Unido
The Street Tom Miller TV Series, BBC, Reino Unido
The Tournament Powers Filme de Reino Unido
Blood: The Last Vampire Michael Harrison Filme de Hong Kong, China e Francia
2008 The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor Dog Maguire Filme de Estados Unidos, China e Alemaña
Paris Noir Douglas Filme de Irlanda
Hunger Father Dominic Moran Filme de Irlanda e Reino Unido
The Escapist Brodie Filme de Irlanda e Reino Unido
Atlantic Granxeiro Curtametraxe de Irlanda
2007 Anner House Neil Barry Filme de televisión. Irlanda
Northanger Abbey Xeneral Tilney Filme de televisión, Reino Unido
The Wild West Wyatt Earp Miniseries, BBC Reino Unido
2006 Afterlife Jonathan Serie de televisión, Reino Unido
Murphy's Law Drew Johnstone Serie de televisión BBC Reino Unido
Showbands II Tony Golden Filme de televisión, Irlanda
Last Night Frank Curtametraxe de Irlanda
O vento que axita o orxo Dan Filme de Irlanda e Reino Unido
Hotel Babylon Adrian McBride Serie de televisión, BBC Reino Unido
2005 The Clinic Malcolm Keown Serie de televisión, Irlanda
Breakfast on Pluto Primeiro ciclista Filme de Irlanda e Reino Unido
The League of Gentlemen's Apocalypse Director Filme de Reino Unido, Irlanda e Estados Unidos
Showbands Tony Golden Filme de televisión, Irlanda
2004 Screwback Harry Curtametraxe de Irlanda
Messiah: The Promise Pace Tierney Miniserie de televisión, [BBC]], Reino Unido
The Card Player John Brennan Filme de Italia
2003 The Crooked Man Hamilton Filme de televisión, Reino Unido
Prime Suspect 6: The Last Witness Robert West Filme de televisión, Reino Unido
Final Demand David Milner Filme de televisión, Reino Unido
2002 Shadow Man Curtametraxe de Reino Unido
The Abduction Club John Power Filme de Irlanda e Reino Unido
Dog Soldiers Capitán Richard Ryan Filme de Reino Unido e Luxemburgo
Stranded David Robinson Filme de televisión, Estados Unidos
Mystics Sean Foley Filme de Irlanda
2001 Superintendent Winter MacDonald Serie de televisión, Suecia
The Island of the Mapmaker's Wife John Wyndham Filme de Reino Unido e Países Baixos
Revelation Pai Ray Connolly Filme de Reino Unido
Atila o huno Teodorico I Miniserie de Estados Unidos
Rebel Heart Michael Malone Miniserie de televisión, BBC, Reino Unido
2000 A Likeness in Stone Bill Armstrong Filme de televisión, BBC, Reino Unido
The Second Death James Mangan Curtametraxe de Irlanda
When the Sky Falls John Cosgrave Filme de Irlanda, Reino Unido e Estados Unidos
1999 RKO 281 Gregg Toland Filme de Estados Unidos
A Love Divided Sean Cloney Filme de televisión, Irlanda
Too Rich: The Secret Life of Doris Duke Alec Cunningham-Reid Miniserie de televisión, CBS Estados Unidos
Shooting the Past Christopher Anderson Miniserie de televisión, BBC, Reino Unido
1998 Falling for a Dancer Mossie Sheehan Miniserie de televisión, BBC, Reino Unido
The Tale of Sweety Barrett Detective Bone Filme de Irlanda e Islandia
1997 The Life of Stuff Alex Sneddon Filme de Reino Unido
Police 2020 DCI Billy O'Connell Filme de televisión, Reino Unido
The Doherty Brothers Connor Doherty Curtametraxe de Reino Unido
1996 Jude Phillotson Filme de Reino Unido
1995 Cracker Stuart Grady Serie de televisión, Reino Unido
First Knight Sir Agravain Filme de Estados Unidos
A princesiña Capitán Crewe / Príncipe Rama Filme de Estados Unidos
1994-1995 Roughnecks Chris Serie de televisión, BBC, Reino Unido
1994 War of the Buttons O mestre Filme de Irlanda
Undercurrent Greg Laughton Filme de Irlanda
1993 The Sea Curtametraxe de Reino Unido
Poor Beast in the Rain Danger Doyle Filme de televisón, BBC, Reino Unido
A Handful of Stars Stapler Filme de televisón, BBC, Reino Unido
1992 Into the West Policía Filme de Irlanda
Public Toilet Curtametraxe de Irlanda
Heaven Only Knows Paul Clarke Curtametraxe de Irlanda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]