Liam Payne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liam Payne
Nome completoLiam James Payne
Data nacemento29 de agosto de 1993
Nado enWolverhampton, Reino Unido
FillosBear Payne (2017)
Ocupacióncantautor, compositor, guitarrista e vocalista
XéneroPop
Instrumento(s)Voz, guitarra
Tipo de vozsolista
Selo(s) discográfico(s)Capitol, Sony Music, Columbia Records, Republic Records
Relacionado conOne Direction (2010-2016)
Tempo en activo2008-presente
PseudónimoPayno, Lee, Leeyum
Na rede
liampayneofficial.com
IMDB: nm3798384 Allocine: 649542 Allmovie: p720329
Facebook: LiamPayne Twitter: LiamPayne Instagram: liampayne Snapchat: snap_leemop Youtube: UCZIrDb4j3_dJf3G9jROboZQ TikTok: liampayne Souncloud: liampayneofficial Spotify: 5pUo3fmmHT8bhCyHE52hA6 iTunes: 366710817 Last fm: Liam+Payne Musicbrainz: 93ae8651-24ee-406c-b927-eb7cd773ae38 Songkick: 5775244 Discogs: 2508415 Allmusic: mn0002854539 Deezer: 4794268 Genius: Liam-payne Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Liam James Payne, nado en Wolverhampston o 29 de agosto de 1993, é un cantante e compositor inglés. Alcanzou a fama como membro do quinteto, One Direction.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Payne fixo o seu debut como solista nas audicións para o programa Factor X en 2008. Despois de ser eliminado, volveu participar nas audicións en 2010 e foi incluído xunto a outros catro concursantes rexeitados para formar unha nova banda.[1][2] O grupo publicou cinco álbums, embarcouse en catro xiras internacionais e recibiu candidaturas a diversos premios, converténdose nunha das bandas de máis éxito do seu momento. Payne traballou baixo os pseudónimos "Big Payno" e "Payno" creando remixes de cancións da propia banda e da cantante e anteriormente noiva súa Cheryl Cole.[3]

En 2016, Payne firmou un contrato con Capitol Records como solista. En maio de 2017, Payne lanzou "Strip That Down" como sinxelo principal do seu álbum de debut. Conseguiu o posto 3 no UK Singles Chart e o posto 10 no US Billboard Hot 100, sendo certificado platino en ambos os países.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oliver, Sarah (2014). Zayn Malik and Liam Payne – The Biography. Nova York: John Blake Publishing. ISBN 1782199497. 
  2. Nash, Victoria. "Liam Payne now sprinting to X Factor success". Express and Star. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  3. "Listen to 1D's Liam Payne's Remix of Cheryl's new single 'I Don't Care'.". MTV UK. 14 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.