Li Ning Company Limited

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Li Ning Company Limited é o maior provedor chinés de calzado e material deportivo, sobre todo na República Popular da China. A compañía foi fundada en 1990 polo antigo ximnasta olímpico por China Li Ning.

Li Ning ten a Nike e Adidas como os seus competidores principais, pero os produtos deportivos Li Ning seguen sendo máis populares en China que calquera marca competidora estranxeira. A empresa patrocina a un gran número de atletas e equipos, tanto de China como do estranxeiro.

En 2005 Li Ning creou unha compañía conxunta coa empresa de roupa deportiva francesa AIGLE obtendo o dereito exclusivo da distribución dos produtos de AIGLE en China durante 50 anos.[1]

En 2006, os ingresos correntes de Li Ning alcanzaron os 418 mil millóns de dólares, e as ganancias totais de aproximadamente $39 mil millóns de dólares. Desde o marzo de 2007, había 4.297 tendas de venda ao detalle de Li Ning.[2] A empresa directamente posúe algunhas tendas pero o resto son franquías.

Índice

Patrocinios [editar]

Fútbol [editar]

Baloncesto [editar]

Tenis [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]