Eclíptica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Liña de nodos")
Vista imaxinaria do círculo da eclíptica e do ecuador celeste na esfera celeste, mostrando os puntos de Aries Υ e de Libra Ω (os puntos equinocciais), xunto cos puntos solsticiais.

De xeito tradicional, chamábase eclíptica á liña imaxinaria que describía a traxectoria do Sol sobre a esfera celeste ó longo dun ano. En realidade (sistema heliocéntrico do sistema solar) a eclíptica é a proxección da traxectoria da Terra arredor do Sol ao longo dun ano, formando así unha liña imaxinaria (un circulo máximo da esfera celeste) que forma un ángulo duns 23º27' con respecto ó ecuador celeste, e que por forza coincide coa eclíptica definida de xeito tradicional no modelo xeocéntrico.

Os dous puntos onde intersectan o círculo máximo da eclíptica e o circulo máximo do ecuador celeste son os equinoccios (os chamados primeiros Punto de Aries e Libra); os puntos da eclíptica máis ao norte (cara o polo norte celeste) e máis ao sur do ecuador celeste (isto é cara o polo sur celeste) son os solsticios, que tamén son perpendiculares aos equinoccios.

Nodos[editar | editar a fonte]

É nesta zona onde aparentemente se cruzan os camiños do Sol e da Lúa, onde se eclipsan. Os puntos por onde a Lúa atravesa a eclíptica chamanse nodos. Fálase de nodo ascendente cando a Lúa pasa dun plano orbital inferior ao plano orbital da Terra arredor do do Sol a un superior a este(pasa do sur da eclíptica ao norte da eclíptica); e de nodo descentente cando a Lúa pasa do norte ao sur da eclíptica.

O descubrimento na antigüidade dos nodos e as sicixias, vencellando as eclipses lunares e solares a un ciclo repetitivo deu lugar ao descubrimento do ciclo de saros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]