Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viaduto da liña alta velocidade sobre o río Ulla.

A liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia é unha liña de alta velocidade que conectará Galicia co resto da Península Ibérica. Parte da LAV Madrid-Valladolid á altura de Olmedo e finaliza en Santiago de Compostela.

Atópase en servizo entre Olmedo e Zamora (a vía par dende o 17 de decembro de 2015 e a vía impar dende o 21 de outubro de 2016), e entre Ourense e Santiago (dende o 11 de decembro de 2011), con continuidade ata A Coruña e Vigo a través do eixe atlántico de alta velocidade. Está prevista a inauguración do tramo entre Zamora e Seabra para 2018[1] e entre Seabra e Ourense para 2019.[2]

Para facilitar a explotación de trens que continúan por vía convencional, ten actualmente ancho ibérico de 1.668 mm entre Ourense e Santiago. Cando a liña estea finalizada, cambiarase ao ancho internacional de 1.435 mm, como o resto de liñas de alta velocidade. O trazado está adaptado ás esixencias de interoperatibilidade da Unión Europea. Cando se atope finalizado completamente, contará con dobre vía electrificada a 25 kV e unha velocidade máxima de 350 km/h. Forma parte do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte.

Historia[editar | editar a fonte]

Servizo Talgo entre Madrid e Galicia circulando polo viaduto de Martín Gil en 2010.
Construción do viaduto do río Ulla, no tramo Ourense-Santiago de Compostela.

En 1986 o Goberno de Felipe González, co galego Abel Caballero á fronte do Ministerio de Transportes, deseña o Plan de Transporte Ferroviario, aprobado o 30 de abril de 1987, con obxectivo no ano 2000. Nesta primeira versión non se prevén investimentos ferroviarios para as principais cidades de Galicia. Para reducir os tempos de viaxe, deséñase unha liña de alta velocidade de Madrid a León pasando por Valladolid, con velocidade máxima de 250 km/h. Desde León ata Monforte de Lemos planéase unha reforma da liña existente para aumentar a súa velocidade ata os 160 km/h. Prevese outra reforma, neste caso da liña entre Medina del Campo e Zamora, a 160 km/h.

En plena crise económica de 1993, o Goberno recorta os plans para a liña a Galicia e limita o proxecto de liña de alta velocidade ao tramo Madrid-Valladolid. Descarta construír a longo prazo o tramo de alta velocidade entre Valladolid e León , substituíndoo por unha reforma para alcanzar os 160 km/h nese tramo. Os tramos Monforte-Vigo e Ourense-A Coruña só serían obxecto de actuacións complementarias.

Ao terminar o anterior plan ferroviario no ano 2000, o goberno de José María Aznar lanza un novo e ambicioso plan para levar a alta velocidade a todas as rexións da península, de tal forma que ningunha capital de provincia quede a máis de catro horas de Madrid. As modernizacións a 160 km/h do plan anterior son eliminadas e proxéctase unha nova liña de alta velocidade a Galicia a 300 km/h en todo o seu percorrido, pero non por León, senón mediante un trazado máis directo por Zamora. Desde Ourense, proxéctanse tres ramais de alta velocidade: cara a Lugo, Santiago de Compostela e Vigo. Este último non seguiría o curso do Miño como fai a liña convencional, senón o trazado da autovía A-52.

A partir de 2005, o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero define con exactitude os trazados e usos das liñas de alta velocidade galegas. O traxecto Olmedo-Santiago sería exclusivo de pasaxeiros, como tamén o sería unha solución distinta para conectar Ourense e Vigo, coa variante de Cerdedo. Este by-pass de 54 km entre Ourense e Pontevedra daría servizo a esta cidade, ademais de Vigo, sen que o tren teña que cambiar de sentido como ocorre na actualidade. Dita liña permitiría acurtar os tempos entre Ourense e Vigo, pois sen ela e tendo que dar un rodeo por Santiago, o tren non sería competitivo contra a estrada. O resto das liñas proxectadas serían mixtas, para tráfico de pasaxeiros e mercadorías.

En 2011 ponse en servizo en ancho ibérico o tramo Ourense-Santiago, xunto co tramo Santiago-A Coruña do eixe atlántico.[3] A partir de 2012 circulan trens híbridos Alvia da serie 730 entre Madrid e Galicia, capaces de circular polas liñas de alta velocidade e as estándar non electrificadas sen cambiar de locomotora, a diferenza do Altaria existente ata entón.[4]

A aproximadamente 3 km da estación de Santiago de Compostela e concretamente no punto quilométrico 80,620, á altura de Angrois, tivo lugar o 24 de xullo de 2013 o descarrilamento dun tren Alvia con orixe en Madrid-Chamartín e destino Ferrol. Polo menos 79 persoas faleceron e outras 131 resultaron feridas de diversa consideración, sendo este un dos accidentes máis graves da historia ferroviaria de España.[5]

En 2015 entra en servizo o eixe atlántico entre Santiago e Vigo[6] e o tramo de alta velocidade Olmedo-Zamora[7], reducindo os tempos de viaxe.

Tramos[editar | editar a fonte]

Olmedo - Zamora[editar | editar a fonte]

Tramo Quilómetros Estado (data BOE)
Conexión L.A.V. Madrid-Segovia-Valladolid (dirección Madrid) 3,68 En servizo
Conexión L.A.V. Madrid-Segovia-Valladolid (dirección Valladolid) 7,8 En servizo
Olmedo-Pozal de Gallinas 10,9 En servizo
Pozal de Gallinas-Villaverde de Medina 13,9 En servizo
Villaverde de Medina-Villafranca de Duero 32,2 En servizo
Villafranca de Duero-Coreses 28,7 En servizo
Acceso a Zamora 6,2 En servizo

Zamora - Lubián[editar | editar a fonte]

Tramo Quilómetros Estado (data BOE) Prazo execución
Zamora-La Hiniesta 11,0 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
La Hiniesta-Perilla de Castro 20,3 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
Perilla de Castro-Otero de Bodas 32,6 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
Otero de Bodas-Cernadilla 30,3 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
Cernadilla-Pedralba de la Pradería 19,1 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
Pedralba de la Pradería-Túnel do Padornelo 11,0 Obras adxudicadas (08/01/2010)
Acondicionamento Túnel do Padornelo (vía única) 6,0 Obras adxudicadas (24/02/2012) 40 meses
Novo Túnel do Padornelo (2ª vía) 6,0 Obras adxudicadas (24/02/2012) 40 meses

Lubián - Ourense[editar | editar a fonte]

Tramo Quilómetros Estado (data BOE) Prazo execución
Lubián–Túnel da Canda 3,2 Finalizadas obras plataforma en vía única (9/10/2015)[8]
Túnel da Canda 7,8 Finalizadas obras plataforma en vía única (13/10/2015)[9]
Túnel da Canda–A Vilavella 3,8 Obras adxudicadas (1/10/2011)[10]
Túnel do Canizo 6,9 Finalizadas obras plataforma (12/2/2015)[11]
Túnel do Espiño 8,5 Obras adxudicadas (27/7/2012)[12] 32 meses
Vilariño de ConsoCampobecerros 6,8 Obras adxudicadas (27/7/2012) 32 meses
CampobecerrosPortocamba 4,2 Obras adxudicadas (08/02/2012)[13]
PortocambaCerdedelo 2,3 Obras adxudicadas (08/02/2012)[13]
Túnel do Corno (Cerdedelo-Prado) 8,5 Obras adxudicadas (23/11/2012)
Túnel de Prado (Prado-Porto) 9,1 Obras adxudicadas (30/4/2013)[14]
PortoMeamán 6,5 Obras adxudicadas (02/05/2010)[15]
MeamánPonte Ambía 6,7 Finalizadas obras plataforma (26/01/2016)[16]
Ponte AmbíaTaboadela 9 Obras adxudicadas (02/05/2010)[15]
Integración en Ourense 17,2 Proxecto redactado (18/04/2015)[17]

Ourense - Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]

A liña atópase operativa desde a súa inauguración oficial o 10 de decembro de 2011.[18]

Tramo Quilómetros Estado (data BOE)
Accesos a Ourense 1,5 En servizo
OurenseAmoeiro 6,4 En servizo
AmoeiroMaside 6,3 En servizo
MasideO Carballiño 5,8 En servizo
O CarballiñoO Irixo 6,7 En servizo
O IrixoLalín (A Abeleda) 6,5 En servizo
Lalín (A Abeleda) – Lalín (Baxán) 9,7 En servizo
Lalín (Baxán) – Lalín (Anzo) 9,1 En servizo
Lalín (Anzo) – Silleda (Carboeiro) 5,3 En servizo
Silleda (Carboeiro) – Silleda (Dornelas) 7,0 En servizo
Silleda (Dornelas) – Vedra 6,4 En servizo
VedraBoqueixón 6,9 En servizo
Boqueixón - Santiago 5,8 En servizo
Acceso a Santiago 3,6 En servizo

Ourense-Pontevedra[editar | editar a fonte]

Tramo Quilómetros Estado (data BOE) Prazo execución
Variante de Cerdedo 53,7 EI aprobado, pendente de DIA (08/01/2015)[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Opinión de Zamora, ed. (30 de decembro de 2017). "Rajoy certifica a inauguración do AVE a Seabra para 2018" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  2. Europa Press, ed. (31 de xullo de 2017). "Fomento ratifica a chegada do AVE a Galicia a finais de 2019" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  3. Cadena Ser, ed. (10 de decembro de 2011). "Inauguran o AVE entre A Coruña, Santiago e Ourense cunha viaxe de 69 minutos" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  4. La Opinión A Coruña, ed. (17 de xuño de 2012). "Renfe estrea hoxe trens híbridos entre Galicia e Madrid" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  5. RTVE, ed. (25 de xullo de 2013). "Ao menos 78 mortos e máis de 140 feridos ao descarrilar un tren en Santiago de Compostela" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  6. ABC, ed. (18 de abril de 2010). "O AVE entre Vigo e A Coruña, en marcha" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  7. Informativos Telecinco, ed. (17 de decembro de 2015). "O AVE chega a Zamora sen inauguración polas eleccións xerais" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 08 de febreiro de 2018. 
  9. [1]
  10. [2]
  11. "Concluye la perforación del túnel bitubo de O Cañizo, en Orense" (en castelán). 12/02/2015. Arquivado dende o orixinal o 30/12/2016. Consultado o 08/02/2018. 
  12. "Adxudicadas as obras dos tramos Túnel do Espiño e Vilariño - Campobecerros". 
  13. 13,0 13,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 08 de febreiro de 2018. 
  14. "Comeza a escavación da boca oeste do túnel de Prado, en Ourense". 
  15. 15,0 15,1 [3]
  16. Las obras de la línea de alta velocidad a Galicia a su paso por Orense y Zamora avanzan según el ritmo previsto
  17. [4]
  18. AVE a Galicia: Entra en servizo o primeiro tramo.
  19. [5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]