Liña de alta velocidade Madrid-Toledo
A liña de alta velocidade Madrid-Toledo é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España de 75 km de lonxitude que unha as cidades de Madrid e Toledo.
Índice |
Ruta [editar]
A liña comparte os primeiros 54 km coa LAV Madrid-Sevilla/Málaga ata La Sagra desde onde comeza un ramal exclusivo de 21 km de lonxitude ata a cidade de Toledo.
Características [editar]
A parte nova da liña foi deseñada para admitir velocidades máximas de 270 km/h, que é tamén a velocidade máxima admitida polo tronco común que comparte coa LAV Madrid-Sevilla/Málaga.[1] Como todas as LAVs españolas ten un ancho de vía de 1435 mm e está electrificada a 25 kV de corrente alterna.
Estación de Toledo [editar]
A chegada dunha LAV a Toledo fixo evidente a necesidade de adaptar a estación ás novas necesidades. Todo iso fíxose rehabilitando o edificio histórico da estación de Toledo que foi proxectado polo arquitecto Narciso Clavería en estilo neomudéjar, e inaugurado en 1919.
Así mesmo os clientes disponenn entre outros servizos dun aparcadoiro ao aire libre, asfaltado e iluminado que se estende sobre unha superficie de 7.500 m cadrados e capacidade para 325 prazas.[2]
Obra destacada [editar]
Un viaduto de 1602 m de lonxitude, que salva o río Texo e o arroio Valdecaba, é a obra máis destaca da liña.[3]