Liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comezo da liña na estación de Figueres-Vilafant.

A liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán é unha liña ferroviaria internacional que une España e Francia, conectando a rede de alta velocidade española coa rede ferroviaria francesa. Trátase dunha liña de concesión privada, explotada pola sociedade TP Ferro.[1] Está deseñada para permitir tráficos mixtos, tanto de viaxeiros coma de mercadorías, e encóntrase aberta ao tráfico comercial de trens dende decembro de 2010.[2]

Ten unha lonxitude total de 44,4 quilómetros: 24,6 en Francia e 19,8 en España.[1] O trazado discorre entre a estación de Figueres-Vilafant, onde enlaza coa liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa, e a cidade de Perpiñán, onde conecta coa rede ferroviaria convencional francesa cara a Montpellier. A liña inclúe un túnel de 8,3 quilómetros, o túnel do Pertús, que atravesa o Pireneo baixo a fronteira.[3]

Actualmente é a única conexión ferroviaria España-Francia que non require de cambio de ancho ou transbordo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "ACS adxudícase o tramo fronteirizo do AVE por 952 millóns". El País. 27 de decembro de 2003. http://elpais.com/diario/2003/12/27/economia/1072479601_850215.html. Consultado o 13 de abril de 2014.
  2. "O tren máis rápido cruza os Pireneos". El País. 20 de decembro de 2010. http://elpais.com/diario/2010/12/20/espana/1292799608_850215.html. Consultado o 13 de abril de 2014.
  3. "Inauguradas as obras no túnel de Pertús da liña do AVE que unirá Figueres e Perpiñán". La Vanguardia. 19 de xullo de 2005. http://www.lavanguardia.com/vida/20050719/51262812020/inauguradas-las-obras-en-el-tunel-de-pertus-de-la-linea-del-ave-que-unira-figueres-y-perpinya.html. Consultado o 13 de abril de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]