Liña de Speyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liña Speyer»)
O alto alemán subdivídese en alemán superior (verde) e alemán central (azul), que xa se distinguía do baixo alemán (amarelo). As isoglosas principais, a de Benrath e a de Speyer, están marcadas en negro.

En lingüística, denomínase liña Speyer ou liña do Main unha isoglosa que separa os dialectos baixoalemáns e centroalemáns (ao norte), que desenvolveron unha pausa xeminada en palabras como Appel "mazá"; dos dialectos do sur (alemán superior), que desenvolveron unha consoante africada (Apfel), seguindo a segunda mutación consonántica do idioma alemán.

A isoglosa discorre de leste a oeste e atravesa a cidade de Speyer, seguindo aproximadamente o percurso do río Main.

Límites da división humorística Weißwurstäquator ("Ecuador da salchicha branca"), próximos á liña de Speyer, que está representada con trazos verdes.

En Alemaña a liña é tamén coñecida polo seu apelativo humorístico, Weißwurstäquator. Este nome, que se pode traducir como "ecuador da salchicha bávara" ou "salchicha branca" (Weißwurst), emprégase para salientar as diferenzas culturais entre o sur (principalmente a rexión de Baviera) e o resto do país.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]