Liña 9 do metro de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista panorámica das portas de seguridade nunha das plataformas
L9
L10

A liña 9 ou L9/L10 do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que actualmente ten 12 estacións en servizo nun tramo de 11,1 km en dos ramais en Santa Coloma de Gramenet, Badalona e os barrios de Bon Pastor e la Sagrera de Barcelona. Cando finalice a súa construción, con 47'8 quilómetros de lonxitude e soterrada en 43,71 km, será a liña soterrada máis longa de Europa,[1] por diante da liña 9 do metro de Moscova (41'5 km), a liña 12 do metro de Madrid (41 km) e a Northern Line do metro de Londres.

Ademais de dar servizo a barrios que non dispón de metro (Bon Pastor, Llefià, la Salut, Singuerlín, Pedralbes e Zona Franca) unirá cinco municipios: Santa Coloma de Gramenet, Badalona, Barcelona, l'Hospitalet de Llobregat e el Prat de Llobregat. Tamén unirá puntos estratéxicos como centros loxísticos, zonas de equipamentos e zonas de servizos como o aeroporto de Barcelona, a Zona Franca, a Fira de Barcelona, a ampliación do Porto, a Cidade da Xustiza, o Parque Güell, o Camp Nou e a Cidade do Básquet, entre outros.

O 13 de decembro de 2009 entrou en servizo o tramo entre Can Zam e Can Peixauet e o 18 de abril de 2010 inaugurouse o tramo da L10 entre Bon Pastor e Gorg en Badalona, conxuntamente co alargamento da L9 de Can Peixauet a Bon Pastor, e posteriormente ampliouse con dúas estacións ata La Sagrera. Está previsto que en 2014 entren en servizo os ramais do aeroporto e a Zona Franca ata Collblanc.

Mapa da liña 9 (L9, L10 e L2)


Notas[editar | editar a fonte]