Liña 3 do metro de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
L3
Estación de Lesseps

A liña 3 ou liña verde do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo na cidade de Barcelona. É a liña máis antiga do metro, inaugurada o ano 1924 e bautizada como Gran Metro, unindo as estacións de Catalunya e Lesseps, baixo a xestión da compañía Grande Metropolitano de Barcelona ata a fusión con Ferrocarril Metropolitano de Barcelona.

Actualmente une as estacións de Zona Universitària e Trinitat Nova, nun trazado de dobre vía soterrada. As cocheiras atópanse en Sant Genís. As antigas cocheiras de Lesseps xa non dan servizo e tiñan a peculiaridade de estar situadas nunhas naves no exterior, subindo e baixando os trens cun elevador.[1] Actualmente ten 18,4 quilómetros de lonxitude e vinte e seis estacións.[2]

Estacións da liña 3


Notas[editar | editar a fonte]