Liège
![]() localización do concello, no distrito e na provincia |
|
| Escudo | Bandeira |
| Xeografia | |
| Rexión | |
| Provincia | Provincia de Liège |
| Coordeadas | 50°38’ N, 05°34’ E |
| Área | 69,39 km² |
| Demografía | |
| Poboación – Homes – Mulleres – Densidade |
187.432 (01/07/2006) 48,83% 51,17% 2.701,14 hab./km2 |
| Grupos de idade 0–19 anos 20–64 anos 65 anos ou máis |
(01/01/2006) 20,77% 60,63% 18,60% |
| Estranxeiros | 16,05% (01/07/2005) |
| Economia | |
| Desemprego | 31,38% (01/01/2006) |
| Renda per capita | 10.350 euros/hab. (2003) |
| Política | |
| Prefecto | Willy Demeyer (PS) |
| Coalición/Partido | Parti Socialiste (PS)- Centre Démocrate Humaniste (cdH) |
| Vereadores | 49 |
| Código Postal | |
| Código Postal | submunicipios (antigos municipios) |
| 4000, 4020 4000 4000 4020 4020 4020 4030 4031 4032 |
Luik Glain Rocourt Bressoux Jupille-sur-Meuse Wandre Grivegnée Angleur Chênée |
| Outras informacións | |
| Código telefónico | 04 |
| Código NIS | 62063 |
| Páxina web | www.liege.be |
Liège (francés: Liège; neerlandés: Luik) é unha cidade de Bélxica, capital da provincia homónima. Ten uns 185.000 habitantes segundo o censo do ano 2005. Situada xunto a desembocadura do río Ourthe no Mosa, no leste do país. Está comunicada con Antuerpen polo Albertkanaal (canle Alberto) e coa rexión renana polo río Mosa.
Dende o século XV, a cidade experimentou un continuo desenvolvemento económico, e no século XIX convertérase nun importante centro industrial, como consecuencia da explotación das minas de hulla e do seu procesamento. Industria siderúrxica, de transformados metálicos, de construción de maquinaria, armamentística, química, do caucho, do vidro e alimentaria (refinería de azucre). A cidade posúe un dos portos fluviais máis importantes de Europa, tamén posúe un Aeroporto en Bierset. Liège constitúe o centro cultural dos valóns. A súa universidade fundouse en 1817.
Entre o 4 e o 16 de agosto de 1914 tivo lugar nesta cidade a batalla de Liège, na que os alemáns conquistarían a praza no seu avance cara París.
Entre 1931 e 1937 estivo situada nesta localidade a Escola de Enxeñería ICAI, logo de que a Compañía de Xesús fora expulsada de España.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina oficial de Liège
- Liègeois (en francés) (en inglés).
