Lev Semiónovich Berg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leo S. Berg.

Lev Semiónovich Berg (en ruso Лев Семёнович Берг), nado o 14 de marzo de 1876 en Bender, Moldavia e finado o 24 de decembro de 1950 en Leningrado (actualmente San Petersburgo), coñecido na bibliografía científica como Leo S. Berg, foi un xeógrafo e biólogo soviético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lev Berg graduouse na Universidade Estatal de Moscú en 1898. Entre 1903 e 1914 traballou no Museo de Zooloxía de San Petersburgo. Foi un dos fundadores do Instituto Xeográfico, que se convirteu no que na actualidade é a Facultade de Xeografía da Universidade de San Petersburgo.

Berg estudou e determinou a profundidade dos lagos de Asia Central, incluíndo o Baikal e o Issyk Kul. Sentou as bases da limnoloxía en Rusia cos seus estudos sobre as condicións ambientais da auga doce (sobre todo en lagos).

Foi considerado unha eminencia en ictioloxía. En 1916 publicou catro volumes de "Peixes de Rusia". A décimo cuarta edición foi publicada baixo o nome de "Peixes de auga doce da Unión Soviética e países adxacentes"; con este libro gañou o Premio Stalin, de maneira póstuma, en 1951.

Considérase como o descubridor da relación de simbiose que existe entre a lamprea e o salmón. Fixo numerosos estudos e descubrimintos neste campo, tanto desde un punto de vista paleontolóxico, como anatómico e embriolóxico. Interesouse polos ciclos reprodutivos dos peixes e pola influencia das variacións climáticas nas especies migratorias.

Desenvolveu a teoría de Vasili Dokucháyev das zonas naturais, teoría que se converteu nun dos piares da bioloxía soviética. Realizou estudos pioneiros sobre climatoloxía entre os que se encontran monografías como "O clima e a vida" (1922) ou "Fundamentos de climatoloxía" (1928). Investigou sobre a cronoloxía das principais glaciacións.

Desempeñou o cargo de presidente da Sociedade Xeográfica Soviética entre 1940 e 1950. Foi un dos pais da xeografía rusa. Foi o primeiro en Rusia en dar unha definición con vocación holística da paisaxe, como un todo que engloba relevo, clima, vexetación, tipo de solo, etc. Enclavose dentro da corrente do determinismo ambiental.

En Occidente, Berg é máis coñecido por ser o autor da controvertida teoría sobre a macroevolución da Nomocénese.[1]

Ao longo da súa vida recibiu varios premios, ademais do xa mencionado Premio Stalin. Outorgáronselle a medalla da Orde da Bandeira Vermella do Traballo(1945), a Medalla pola Defensa de Leningrado (1945) e a Medalla polo Labor Meritorio durante a Gran Guerra Patriótica (nome ruso da Segunda Guerra Mundial) (1946).

En 2001, o Banco Central de Transnistria [2] cuñou unha moeda de prata en honor do seu paisano, como parte dunha serie de moedas conmemorativas titulada "Personaxes sobresalientes de Pridnestrovie".

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura L. S. Berg emprégase para indicar a Lev Semiónovich Berg como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Especies e xéneros descritos[editar | editar a fonte]

Berg describiu e denominou máis de 60 especies e xéneros de plantas e animais como, por exemplo:

Levan o seu nome[editar | editar a fonte]

Ademais, outras especies foron denominadas en su honor, como:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Berg, Lev Semiónovich (1922): Nomogenes ili evolutsia na osnove zakonomernostey. Trudy Geograficheskogo Instituta.
  2. Transnistria (nalgúns casos escrito como Transdniéster, Transdniestria ou Cisdniéster) é un territorio separatista na República de Moldavia, de poboación maioritaria rusófona, situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República de Moldavia con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, está gobernada como a República Moldava Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como Pridnestrovia, un estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na ribeira oeste. A República de Moldavia non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados pola RMP son parte da rexión autónoma moldava de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"), oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma de Transnistria, cun status xurídico especial.
  3. Biographical Etymology of Marine Organism Names (BEMON) (en inglés) Consultada o 13/11/2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]