Lev Poprad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lev Poprad
Tomáš Duba 2011.jpg
Fundado en 2010 (disolto e refundado en Praga en 2012)
Sede Poprad CoA - new version.svg Poprad,
Presovsky vlajka.svg Prešov
Eslovaquia Eslovaquia
Cancha Poprad Ice Stadium
(4.500 espectadores)[1]
Cores Negro e laranxa
           
Liga Kontinental Hockey League
Conferencia Oeste
División Bobrov
Equipos(s) afiliado(s) Tatranskí Vlci (MHL)
HK Poprad (Extraliga Eslovaca)

O Hockey Club Lev Poprad,[2] máis coñecido como Lev Poprad,[3] foi un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Poprad (Eslovaquia) que competiu na Kontinental Hockey League (KHL) durante unha tempada (2011-12), para posteriormente disolverse e refundarse en Praga (República Checa) como HC Lev Praha no 2012.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo era chamado orixinalmente Lev Hradec Králové e se encontraba na localidade de Hradec Králové, República Checa. Estivera interesado en participar na KHL na tempada 2010–11, para o que cumpriu tódalas condicións necesarias excepto que a Federación Checa de Hóckey sobre Xeo negouse a darlle permiso ao club.[4] Debido a esto, a directiva do Lev decidiu trasladar o equipo a Eslovaquia, co cal foi aceptado na liga na tempada 2010–11.[5] Sen embargo posteriormente a KHL excluiu ao club para a tempada 2010–11 porque non formaba parte de ningunha federación nacional de hóckey sobre xeo.[6]

Despois de moitos esforzos, incluída a adhesión a Federación Eslovaca de Hóckey sobre Xeo (SZĽH), o HC Lev foi admitido oficialmente na KHL en maio do 2011. Durante a tempada 2011–12, o equipo xogou na División Bobrov da KHL, mentres que o HK Poprad continuou competindo na Extraliga Eslovaca no mesmo estadio.[7]

Tempada 2011–12[editar | editar a fonte]

Tan só dous meses despois de ser oficialmente admitido na KHL, o Lev anunciou a fichaxe dos seus cinco primeiros xogadores o 30 de xuño de 2011.[8] No plantel definitivo, a meirande parte dos xogadores eran eslovacos e checos. O adestrador xefe foi Radim Rulík e o capitán do equipo Ľuboš Bartečko. Estaba previsto que o Lev comezara a liga regular o 10 de setembro de 2011 cun partido na casa fronte ao Avangard Omsk,[9] pero debido ao accidente aéreo do Lokomotiv Yaroslavl, o inicio da liga retrasouse e o Lev xogou o seu primeiro partido o 12 de setembro fronte ao Metallurg Magnitogorsk. Sen embargo, o equipo tivo que agardar ata o seu sexto partido de liga para conseguir a súa primeira vitoria, foi ante o Dinamo Riga o 26 de setembro.[10] O Lev tampouco conseguiu clasificarse para os playoffs e finalizou 21º na clasificación xeral da liga, con 54 puntos en 54 partidos. O máximo anotador do equipo foi Ľuboš Bartečko, con 30 puntos (16 goles e 14 asistencias).

Novo equipo en Praga[editar | editar a fonte]

Artigo principal: HC Lev Praha.

A finais da tempada 2011–12, un troco de propietarios provocou a especulación sobre o traslado do equipo a Praga, República Checa. En marzo de 2012, Federación Checa de Hóckey sobre Xeo (ČSLH) deu o permiso para que un equipo da KHL xogase na República Checa,[11] e a finais de abril, creouse un novo equipo co mesmo nome, HC Lev, mais cunha organización diferente, solicitou oficialmente o seu ingreso na KHL xogando en Praga.[12] O HC Lev de Poprad disolveuse finalmente despois dunha soa tempada.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Equipo o 30 de xaneiro de 2012.[13]

Porteiros:

Defensas:

 

Dianteiros:

Estatística do equipo[editar | editar a fonte]

Estatísticas da tempada[editar | editar a fonte]

Lenda: PX = Partidos xogados, V = Vitorias, VTE = Vitorias no Tempo Extra , SOW = Vitorias Penalty Shootout, SOL = Derrotas Penalty Shootout, D = Derrotas, GF = Goles a favor, GC = Goles en contra, Pts = Puntos

Season PX V VTE SOW SOL OTL D GF GC Pts Clasificación Playoffs
2011–12 54 13 0 3 5 4 29 125 162 54 6º da División Bobrov (21º da liga) non se clasificou

Partidos[editar | editar a fonte]

Partido Data Detalles
Primeiro partido na KHL (na casa) 12 de setembro de 2011 2–4 derrota fronte ao Metallurg Magnitogorsk
Primeiro punto na KHL 21 de setembro de 2011 3–4 SO derrota fronte ao Atlant Moscow Oblast
Primeira vitoria na KHL 26 de setembro de 2011 2–0 vitoria fornte ao Dinamo Riga
Primeiro shutout na KHL 26 de setembro de 2011 2–0 vitoria fronte ao Dinamo Riga
Primeira vitoria na casa 30 de setembro de 2011 4–1 vitoria fronte ao Dynamo Moscova

Líderes do equipo[editar | editar a fonte]

Esta é a táboa dos dez mellores xogadores da curta historia da franquía. As estatísticas están tiradas dos resultados da liga regular da KHL.

Lenda: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; P/G = Puntos por partido

Puntos Goles Asistencias
Xogador Pos PX G A Pts P/P
Ľuboš Bartečko LW 53 16 14 30 0.57
Tomáš Netík LW 42 17 11 28 0.67
Juraj Mikúš C 44 12 16 28 0.64
Václav Nedorost LW 37 14 8 22 0.59
Ladislav Nagy LW 30 7 12 19 0.63
Rastislav Špirko LW 53 10 8 18 0.34
Karel Pilař D 31 1 16 17 0.55
Jaroslav Kristek RW 39 10 6 16 0.41
Emil Lundberg C 54 10 6 16 0.30
Branislav Mezei LW 53 3 11 14 0.26
Xogador Pos G
Tomáš Netík LW 17
Ľuboš Bartečko LW 16
Václav Nedorost LW 14
Juraj Mikúš C 12
Rastislav Špirko LW 10
Jaroslav Kristek RW 10
Emil Lundberg C 10
Ladislav Nagy LW 7
Stepan Novotny RW 5
Martin Chabada RW 4
Xogador Pos. A
Juraj Mikúš C 16
Karel Pilař D 16
Ľuboš Bartečko LW 14
Ladislav Nagy LW 12
Tomáš Netík LW 11
Branislav Mezei D 11
Jiri Hunkes D 10
Vaclav Nedorost LW 8
Rastislav Špirko RW 8
Jiří Sekáč C 8

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lev Poprad

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]