Leslie Lamport

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeslie Lamport

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1941 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts - matemáticas
Universidade Brandeis - matemáticas
The Bronx High School of Science (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseRichard Palais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da computación e computação distribuída (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , enxeñeiro , programador , informático teórico , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMicrosoft Research (pt) Traducir (2001–)
Digital Equipment Corporation (pt) Traducir (1985–2001)
SRI International (pt) Traducir (1977–1985)
MITRE Corporation (en) Traducir (1962–1965) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina weblamport.org Editar o valor em Wikidata

Leslie Lamport, nado en 1941, é un computólogo estadounidense. É especialmente coñecido por ser o desenvolvedor inicial do sistema de formateo de textos LaTeX, e de BibTeX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en matemáticas en 1960 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Tamén cursou un mestrado (1963) e un doutoramento (1972) na Universidade de Brandeis, ambos os dous en matemáticas.

No campo das ciencias da computación, Lamport é recoñecido polo seu traballo en algorítmica distribuída e en lóxica temporal, na cal introduciu a lóxica de accións temporal (Temporal Logic of Actions, TLA). Formulou a relación "ocorrido antes" (happened before), importante en reloxos lóxicos de sistemas distribuídos, xa que permite obter unha ordenación parcial. Tamén introduciu o algoritmo da panadaría de Lamport para exclusión mutua de múltiples fíos nun computador que requiren os mesmos recursos ao mesmo tempo.

En 2011 traballaba para Microsoft Research.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]