Les morts ont tous la même peau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Les morts ont tous la même peau
Autor/aBoris Vian
OrixeFrancia
Linguafrancés
Xénero(s)novela negra
Data de pub.1947
editar datos en Wikidata ]

Les morts ont tous la même peau é unha novela negra en lingua francesa, escrita por Boris Vian e publicada en 1947 co pseudónimo de Vernon Sullivan.

Trama[editar | editar a fonte]

Dan é un home mestizo de Nova York que logrou facerse un lugar na sociedade dos homes brancos, sen que estes coñezan as súas orixes. Casado e cun fillo, a súa vida discorre como porteiro nun club até que un día un home que di ser o seu irmán faille chantaxe e ameaza con desvelar as súas verdadeiras raíces. Dan decide asasinalo, o que o leva a novos problemas e novos crimes.

Características[editar | editar a fonte]

A obra foi unhas das primeiras novelas negras ambientadas no mundo negro do barrio do Bronx, na mesma época en que comezaban autores como Chester Himes. Ao tempo, o tratamento da violencia polo protagonista desde un punto de vista tranquilo, relaciona esta obra coa de Jim Thompson[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Primal noir", artigo de James Sallis no Los Angeles Times, 4 de maio de 2008 (acceso o 11 de marzo de 2012). (en inglés).