Les Trois Accords

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Les Trois Accords
Les Trois Accords.jpg
Les Trois Accords no 2010
Orixe Drummondville, Quebec, Canadá Flag of Canada.svg
Período 1997 - actualidade
Xénero(s) rock, punk rock
Selo(s) discográfico(s) Indica Records
Membros Pierre-Luc Boisvert
Charles Dubreuil
Alexandre Parr
Simon Proulx
Antigos membros Olivier Benoit
Web oficial lestroisaccords.com

Les Trois Accords é unha banda de rock de Drummondville, Quebec. A banda lanzou o seu primeiro álbum Gros mammouth album no ano 2003. Algunhas das cancións notables, extraídas dese álbum, son "Hawaïenne", "Saskatchewan" e "Lucille". Xunto cos seus vídeos, as cancións foron ben recibidas en Quebec. En 2004, foi lanzado Gros mammouth album turbo con dous temas adicionais, "Loin d'ici" e "Turbo sympathique". En 2006, lanzaron o seu segundo álbum, titulado Grand champion international de course. O concerto máis importante da banda ata a data foi en setembro de 2005, cando foron teloneiros de The Rolling Stones en Moncton, New Brunswick. O concerto atraeu a uns 85.000 espectadores.

Estilo Musical[editar | editar a fonte]

O segundo álbum de Lles Trois Accords foi lanzado 5 de setembro 2006. Este álbum non rompeu co estilo rock-pop de Gros Mammouth e era máis escandaloso nas súas letras. O vídeo musical de "Grand Champion" pode ser visto en Bande à part. O segundo vídeo musical é "Tout sur a plage nu". O álbum chegou á cima das listas logo da súa primeira semana.

Moitas das súas cancións máis recentes pódense clasificar como surrealistas debido á frecuente presenza de paronomasias, xogos de palabras e imaxes inusuais.

Tamén lles gusta adornar os seus concertos con pequenas pezas de humor. O sentido do humor tamén é evidente nos seus vídeos musicais onde as imaxes que se mostran non teñen nada que facer coa canción. Vemos, por exemplo, no vídeo musical de "Saskatchewan", os membros do grupo practicar movementos de karate o longo de todo o vídeo. O mesmo ocorre co vídeo musical de " Turbo sympathique", onde o grupo convértese en bombeiros e apaga o lume nun celeiro.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Demos[editar | editar a fonte]

  • Demo de la Commune (1999)
  • Demo Live at Drummondville (2001)
  • Demo Jaune-Brun (2002)

Videografía[editar | editar a fonte]

  • "Hawaiienne"
  • "Loin d'ici"
  • "Saskatchewan"
  • "Turbo Sympathique"
  • "Vraiment beau"
  • "Grand champion"
  • "Tout nu sur la plage"
  • "Ton avion"
  • "Youri"
  • "Nicole"
  • "Dans mon corps"
  • "Le bureau du médecin"

Membros[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]