Les Restos du Coeur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concerto do grupo Kiwi Balenga en beneficio da asociación

Les Restos du Cœur, traducible por Os restaurantes do corazón, é unha fundación sen ánimo de lucro, composta por unha asociación nacional francesa e 113 asociacións departamentais. O seu obxectivo é distribuír comida gratis aos máis desfavorecidos.

Orixe[editar | editar a fonte]

O humorista e actor Michel Colucci, máis coñecido como Coluche, lanzou a idea a comezos de 1985. Os primeiros restaurantes abriron o 21 de decembro, e multiplicáronse por todo o país. O obxectivo dos fundadores era ofrecer 200.000 racións comidas por día.

8,5 millóns de racións de comidas distribuíronse nese primeiro inverno. A iniciativa mantívose economicamente grazas aos dereitos dunha canción composta por Jean-Jacques Goldman, e unha emisión televisiva na que recibiron moitos millóns de francos en doazóns.

En febreiro de 1986, Coluche revelou un estudo ao Parlamento Europeo, que dicía que costa máis almacenar os excedentes de comida que distribuílos gratuitamente aos pobres. Por iso, fixo a petición de que os excedentes almacenados se liberalizasen, conseguindo que en 1987 se abriran a catro asociacións: o Secours populaire, Cruz Vermella, os Bancos de Alimentos e Les Restos du cœur.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Estrutura e organización[editar | editar a fonte]

Les Restos du Cœur compóñense dunha asociación nacional e 113 asociacións departamentais.

A asociación nacional[editar | editar a fonte]

A asociación nacional, fundada por Coluche en 1986, chamada Les Restos du Cœur-Relais du Cœur é unha asociación sen fins lucrativos, recoñecida de utilidade pública, ten como obxectivo axudar aos máis desfavorecidos e participar na loita contra a exclusión social.

A asociación é a fundadora do «Comité do código deontolóxico das organizacións sociais e humanitarias», unha agrupación de asociacións que se constituíu para verificar a súa propia transparencia financeira. Este comité é o propietario do nome e do logo Les Restaurants du Cœur.

Cada ano, a asemblea xeral elixe un consello de administración, que escolle entre os seus membros ao presidente e á xunta. Estes executan a política definida polo consello de administración, reuníndose cada semana. A asociación nacional ten por obxectivo:

  • Centralizar as compras e aprovisionar aos departamentos en materia de alimentación.
  • Incitar aos departamentos a comprometerse na axuda á inserción dos seus beneficiarios e de portar, a tal efecto, o apoio técnico e a axuda financeira necesarias.
  • Asegurar a formación dos traballadores voluntarios.
  • Controlar e consolidar as contas das asociacións departamentais, velar polo seu bo funcionamento e o respecto das regras.
  • Asegurar a comunicación xeral dos restaurantes.

As asociacións departamentais[editar | editar a fonte]

As 113 asociacións departamentais repártense en 96 departamentos. Autonomas xuridicamente, funcionan cos mesmos principios que a nacional, con asembleas xenerais, consellos de administración, xuntas... e están ligadas a ela por un contrato de consentimento.

En toda Francia, as asociacións departamentais administran, animan e coordinan as actuacións sobre o terreo, con 40.000 traballadores voluntarios nuns 2.500 centros Restos que reciben ao redor de 600.000 beneficiarios por día. Encárganse de todas as actividades de axuda alimentaria, axuda de acollida, talleres (como os Jardins du Cœur, os xardíns do corazón), actividades culturais, lugares para vivir...

Todas estas actividades de axuda á inserción, contribúen a facer, dos beneficiarios, persoas cos mesmos beneficios, dereitos e deberes que outra calquera.

Aínda que a axuda alimentaria é a actividade máis "visible" dos Restos, non é suficiente para sacar aos beneficiarios da exclusión social. De feito, a axuda á inserción considérase agora como prioritaria.

O acto Les Restos Demain (Os Restaurantes mañá), que reuniu en 1998-1999 a máis de 13.000 beneficiarios e voluntarios, confirmou esta necesidade de evolución e reforzou a vontade de chegar maís lonxe na cooperación voluntarios-beneficiarios.

Transparencia financeira[editar | editar a fonte]

Os Restos du Cœur son prudentes co bo emprego dos fondos postos á súa disposición polos doantes e os colectivos públicos. Finánciase por ditos fondos e anímase polos voluntarios, ten poucos gastos xerais (ao redor dun 8% dos recursos), e os gastos superfluos son eliminados. O procedemento de chamada avisando de ofertas permite obter os mellores prezos; así máis do 90% dos recursos financeiros conságranse ás propias accións.

Como dita a lei, as contas da asociación revísanse por un interventor de contas. As faltas illadas que se constataron nalgúns grupos locais sancionáronse de acordo coa lei.

Votada en 1988, a lei Coluche innova permitindo, ás persoas de a pé que realizan pequenas doazóns (o grupo máis numeroso), beneficiarse de vantaxes fiscais, ata entón reservadas aos grandes doantes. A súa última versión permite aos doantes dos Restos du Cœur beneficiarse dunha redución do 75% dos impostos por unha doazón que vai ata os 470 euros. Pasada esta cifra, e no límite do 20% dos ingresos brutos, a redución é do 66%. Cada doante recibe:

  • Un recibo fiscal, no seu reverso figura o balance financieiro aceptado por un interventor fiscal.
  • Unha conta e detalle de emprego dos recursos que reciben os Restos.

A asociación Les Restaurants du Cœur - Relais du Cœur é membro do Comité de Caridade, cuxo obxectivo é promover a confianza nas doazóns, e certificar a transparencia das actividades caritativas e a boa xestión e uso dos dons que recibe.

Dende 1987, os Restos benefícianse do Plan Europeo de Axuda aos máis Necesitados (Plan européen d’aide aux plus démunis, PEAD). Sen embargo, a asociación está preocupada pola eliminación do plan, debido aos problemas de reconducción de fondos e as restriccións de acceso aos excedentes agroalimentarios europeos.

A xente[editar | editar a fonte]

Os doantes[editar | editar a fonte]

Hai varios tipos de doantes:

  • A maioría doan diñeiro e son de todas as idades e condicións sociais, tanto persoas físicas como entidades.
  • Os que ofrecen os seus servizos (locais, transporte, imprenta, etc) ou participar nas manifestacións convocadas legalmente.
  • Os que compran o CD de Les enfoirés (acto anual no que participan os artistas para recoller fondos para a asociación).
  • Os que fan doazóns en especie, como libros, roupa, alimentos, productos de hixiene, etc.

Os voluntarios[editar | editar a fonte]

Dende a primeira campaña de Les Restos du Cœur lanzada por Coluche en 1985, os voluntarios eran 5.000; hoxe son máis de 40.000, en toda Francia, cun punto en común esencial: a fidelidade á xenerosidade, sen ter en conta a política ou a relixión. A súa formación realízase na propia asociación correspondente, que permite aos voluntarios adquirir todas as competencias e as técnicas necesarias para conseguir a súa misión. Dous formadores profesionais e voluntarios experimentados dan seminarios a voluntarios de todos os departamentos.

Os artistas[editar | editar a fonte]

Coluche sabía que a mellor maneira de axudar ao funcionamento dos Restos, era a súa propia imaxe e a dos seus amigos. En inverno de 1985, constituíu os chamados Enfoirés.

O 26 de xaneiro de 1986, Coluche presentou un programa nunha cadea nacional, difundido toda a tarde; un plató excepcional que reuniu políticos de varios partidos, presentadores de todas as canles de televisión e radio, artistas de todos os xéneros e deportistas de todas as disciplinas.

Cada ano, o concerto dos Enfoirés une aos voluntarios dos Restos, e converteuse nun evento mediático moi popular. En cada ocasión, relátase a acción da asociación e recórdase a onde poden dirixirse os donativos. Os Enfoirés manifestan o seu apoio á asociación doando os beneficios dos concertos e da venda de discos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]