Les Misérables (filme de 1998)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Les Misérables (1998)»)

Les Misérables
Ficha técnica
Título orixinalOs Miserables
DirectorBille August
ProdutorSarah Radclyffe
James Gorman
GuiónRafael Yglesias
Baseado enLes Misérables, de Victor Hugo
IntérpretesLiam Neeson
Geoffrey Rush
Uma Thurman
Claire Danes
MúsicaBasil Poledouris
FotografíaJörgen Persson
MontaxeJanus Billeskov-Jansen
EstudioMandalay Entertainment
DistribuidoraTriStar Pictures
Estrea1 de maio de 1998
Duración134 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Alemaña Alemaña
Estados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento14 096 322 $[1]
Na rede
IMDB: tt0119683 Filmaffinity: 733438 Allocine: 17869 Rottentomatoes: m/1083326-les_miserables Mojo: lesmiserables98 Allmovie: v158851 TCM: 415965 TV.com: movies/les-miserables-1998 Netlix: 5670503Editar o valor em Wikidata

Les Misérables é unha longametraxe dirixida por Bille August estreada nos cines o 1 de maio de 1998. O guión foi escrito por Rafael Yglesias e é unha adaptación cinematográfica da novela homónima de 1862, do escritor francés Victor Hugo.

Como ocorre na novela orixinal, a trama segue a vida de Jean Valjean (Liam Neeson), un excondenado (en liberdade condicional tras 19 anos de traballos forzados por roubar comida) perseguido polo Inspetor Javert (Geoffrey Rush). Foi filmado nos Estudos Barranov de Praga.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A película conta a vida de Jean Valjean (Liam Neeson), un home preso por roubar pan. Posto en liberdade condicional tras cumprir 19 anos, Valjean é recibido na casa dun bispo. Aínda así, pola noite Valjean rouba a prata do bispo, mais cando a policía lle pregunta sobre o roubo, el asegura que lle dou a prata a Valjean e dálle dous candelabros. Logo de 9 anos, Valjean convértese nun rico industrial e alcalde. A súa paz finaliza cando Javert (Geoffrey Rush), un inspetor de policia, que anteriormente fora garda da prisión onde Valjean permanecera, o recoñece e ten case a certeza de que o alcalde é un exprisioneiro que nunca se presentou para cumprir as esixencias da liberdade condicional. Mentres tanto, Fantine (Uma Thurman), unha das empregadas da fábrica de Valjean é despedida por ser nai solteira e vese obrigada a prostituírse para enviar cartos para as persoas que coidan da súa filla. Cando Javert a prende, o seu antigo xefe emprega a súa autoridade para liberala e a recibe na súa casa, xa que ela está enferma. Javert non consegue demostrar a verdadeira identidade do alcalde, xa que outro home, Carnot, é confundido con el e está a piques de ser arrestado. Valjean vai ao tribunal e revela a súa identidade. Cando visita Fantine, descobre que ela está gravemente enferma e, sentindo que pode morrer promete criar á súa filla Cosette. Cando Fantine morre, Valjean escapa de Javert, rescata a Cosette dos Thénardiers e foxe con ela en dirección a París perseguido por Javert ao longo dos anos.

Varios anos despois, Cosette (Claire Danes) é unha adolescente e se namora dun revolucionario, Marius (Hans Matheson). Javert traballa de incógnito como un revolucionario para destruír o movemento ao que Marius pertence. Porén, Javert é descuberto e capturado por Marius, quen o leva ás barricadas para executalo. Valjean descobre o amor entre Cosette e Marius e diríxese ás barricadas para convencer ao mozo revolucionario para que regrese con Cosette. Valjean pídelle a Marius que lle permita executar a Javert. Valjean leva ao prisioneiro a un canellón, mais en lugar de executalo o libera. A película finaliza con Javert suicidandose, xa que non pode aceptar a bondade do acto de Valjean.

Elenco[editar | editar a fonte]

Actor Personaxe
Liam Neeson Jean Valjean
Australia Geoffrey Rush Javert
Uma Thurman Fantine
Claire Danes Cosette
Escocia Hans Matheson Marius Pontmercy
Jon Kenny e Gillian Hanna Os Thénardier
Escocia John McGlynn Carnot
Shane Hervey Gavroche
Mimi Newman Cosette (nena)
Inglaterra Lennie James Enjolras
Sylvie Koblizkova Éponine

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]