Leonardo Alonso Bao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leonardo
Información persoal
Nome Leonardo Alonso Bao
Nacemento 28 de decembro de 1914
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 8 de abril de 1986
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Ford
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Club Berbés
Unión Sporting Club
Fútbol Club Vigués
Valladolid
1943–1947 Celta de Vigo 31 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Leonardo Alonso Bao, nado en Vigo o 28 de decembro de 1914 e finado o 8 de abril de 1986, foi un futbolista galego. Xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Ford, o equipo do seu barrio e tivo unha extensa traxectoria polos equipos da cidade de Vigo, primeiro o Club Berbés e despois o Unión Sporting Club e tras a guerra civil, como a maior parte dos xogadores deste pasou ao Fútbol Club Vigués.

O seu bo papel fixo que fichara polo Real Valladolid, que xogaba na Segunda División, tras o descenso do equipo valisoletano a Terceira División ficha polo Celta de Vigo na tempada 1943/44.

Foi un dos xogadores fundamentais do Celta deses anos, formando no mediocampo xunto a Gabriel Alonso e Miguel Muñoz, ata o ano 1947 cando deixa o fútbol en activo. Porén seguiu vinculado ao club, esta vez como conserxe.